El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Cartas al Director
Sociedad

Galaxia publica "Viaxe a Libunca", de Antonio Yáñez, premio Raíña Lupa de literatura infantil

20-06-2007

A editorial Galaxia vén de publicar o libro "Viaxe a Libunca", de Antonio Yáñez, gañador do premio de literatura infantil Raíña Lupa, convocado pola Deputación da Coruña. A obra foi presentada na Coruña polo seu autor e polo responsable de Cultura da Deputación, Celestino Poza, así como polo coordinador do certame, Xabier Docampo. Da primeira edición de "Viaxe a Libunca" conta cunha tirada de 2.000 exemplares, dos que unha parte serán distribuídos pola Deputación da Coruña entre as bibliotecas da provincia, e o resto porase á venda a través da editorial Galaxia. Tanto Celestino Poza como Xabier Docampo salientaron os "ecos cunqueiráns" da obra de Yáñez, que se dirixe con este libro a un público infantil e adolescente, "mais tamén adulto". O autor ferrolán xa fora finalista do certame en dúas ocasións anteriores, polo que "xa consideraba o premio como algo meu". O premio pretende fomentar a lectura entre o público infantil e xuvenil. Yáñez foi tamén finalista do Premio Merlín de literatura infantil, convocado por Xerais, con "Natasha e Dimitri".





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias