El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Deportes

A CORUÑA | ATLETISMO

Vintecinco nacionalidades estarán este sábado no Gran Premio Internacional de Marcha Atlética

29-05-2023 18:43:35
Gran Premio Internacional de Marcha Atlética.

REDACCIÓN | Practicamente todo a punto para que o vindeiro día 28 de maio as rúas coruñesas de Cantones reciban a elite mundial da marcha en ruta no que será a trixésimo sexta edición do Gran Premio Internacional de Marcha Atlética Cantóns da Coruña - Trofeo Sergio Vázquez.  

O máis importante evento da marcha a nivel mundial, despois dos Xogos Olímpicos, regresa como cada ano cunha importante presenza dos mellores especialistas do momento. Sen lugar a dúbidas, no punto de mira de todas elas e eles, estará o Campionato do Mundo de Aire Libre que se disputará en Budapest do 19 ao 27 de agosto e na que boa parte dos que alí tomen parte, estarán esta fin de semana en Cantones. Por tal motivo, o trazado coruñés será novamente un excelente banco de probas que servirá como decisivo test para a cita mundialista.


Presenza de marchadores na cidade

Como é habitual a medida que se achega a data da proba, son moitos os paises que aproveitan para adiantar a súa viaxe e adestrar no magnífico paseo marítimo coruñés que xunto as condicións climatolóxicas, o converten nun lugar moi apreciado e valorado na planificación dos distintos adestramentos. 

Este ano os máis madrugadores son os marchadores e marchadoras asiáticos de Japón quenes xa te atopan na cidade e a cuxa cabeza sitúase o medallista de bronce nos mundiais universitarios Yuta Coga. 

Nos vindeiros días, e de maneira en especial a partir dos mércores, agárdese que aterren en Alvedro as distintas delegacións, cuxa presencia máis numerosa, despois da española, é a mexicana cun total de vinteseis atletas, seguida da colombiana con dazasete e a chinesa con quince.


Ausencia de marchadores rusos

Desde o ano 2011 onde as probas foron gañadas en ambas categorías polos marchadores rusos Valerey Borchin en homes e Olga Kaniskina en mulleres, ningún atleta dese país volveu pasar por Cantóns baixo a súa bandeira debido ás distintas sancións aplicadas pola World Athletics. Lembramos que ata o ano pasado, o máximo organismo mundial do atletismo autoriza a presenza dalgúns deportistas baixo as siglas ANA (atletas autorizados) fórmula que os permitiu pasar por A Coruña como foi o caso Vasily Mizinov 4º clasificado masculino no 2019.  

Malia elo, un total de vintecinco nacionalidades estarán compitindo o sábado na Coruña, contándose con prácticamente a totalidade dos paises importantes da marcha a nivel mundial como Italia, China, Ecuador, Perú, Japón ou Suecia por citar algún. Departamento de comunicaciòn





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias