REDACCIÓN | Un total de 12 concellos galegos -dez na Coruña e dous en Ourense- prevén constituírse este venres, despois de ver aprazados os seus plenos para a conformación das novas corporacións saídas das eleccións municipais do pasado 28 de maio debido á presentación de recursos por diferentes casuísticas. Con todo, seguirá pendente a de Castro Caldelas, onde se terán que repetir as eleccións, pero aínda non foi fixada a data por parte da xunta electoral. Ler máis