El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Formoso presenta o estudo audiovisual virtual da Deputación no Congreso Mundos Digitales

O maior plató virtual de España será construido pola Deputación na Cidade das TIC.

07-07-2023 18:19:23
Valentín González Formoso (c).

REDACCIÓN | O presidente en funcións da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, visitou hoxe en Palexco o Congreso Internacional  Mundos Digitales, onde destacou a aposta da Deputación  por potenciar o sector audiovisual galego coa creación do CEI (Coruña Estudo Inmersivo), o maior estudo audiovisual virtual de España, que a institución provincial construirá na Cidade das TIC.  

Formoso lembrou que Galicia “atópase á vangarda na creación de produtos audiovisuais de calidade a nivel nacional e conta con empresas líderes na industria, pero ten aínda un enorme potencial de crecemento, que desde a Deputación da Coruña queremos contribuír a desenvolver completamente nos próximos anos” con esta nova infraestrutura. Neste contexto, o presidente provincial asegurou que a Deputación aposta por “un posicionamento estratéxico de Galicia dentro do Plan España, Hub audiovisual de Europa”. 

“O CEI será o punto de partida para a creación dunha infraestrutura única en España, un plató virtual dotado da tecnoloxía máis avazanda, entre a que destaca unha pantalla LED xigante de máxima definición que permitirá mesturar personaxes virtuais e actores reais o recrear calquera localización durante unha rodaxe”, cumprindo os estándares de calidade das principais operadoras do sector para producións cinematográficas e audiovisuais, como Netflix, HBO, Mosvistar +, Amazon Prime ou Disney +. 

Valentín González Formoso sinalou a instalación tamén permitirá a produtoras españolas e estranxeiras aproveitar as vantaxes de aforro de custos e tempo que ofrece a produción virtual. “Permitirá aforrar ata un 70% en  costes de produción”, explicou o presidente. O CEI permitirá a Galicia erixirse como polo audiovisual de referencia a nivel nacional e como un territorio idóneo e competitivo para a localización de rodaxes e produción virtuais, como xa se vén constatando nestes últimos anos. O CEI ubicarase na Cidade das TIC, nun edificio de nova construción cunha superficie en planta de 4.160 metros cadrados, dos cales 750 metros van estar dedicados a acoller este estudo de características únicas en España. 

Nesta localización tamén se construirán instalacións para funcións auxiliares deste estudio: un espazo de case 200 metros cadrados para o acceso e as circulacións, camerinos, vestiarios, unha sala de maquillaxe e salón de peiteado, unha sala de figuración, tres salas polivalentes, dous de controis técnicos, despachos, salas de produción, unha zona de descanso e conciliación, unha sala de instalacións, e un almacén. 


Cidade das TIC 

Na súa intervención ante o auditorio de Mundos Digitales, Valentín González Formoso lembrou a importancia de situar este estudo na Cidade das TIC. “Pretendemos que fomentar sinerxias co sector tecnolóxico das empresas que alí se instalen. As rodaxes virtuais son unha realidade cada vez máis estendida e que se está aplicando en todo tipo de producións audiovisuais”, sinalou. 

A súa construción e posta en marcha é posible grazas a un investimento de máis de 8 millóns de euros cofinanciados co Plan de Recuperación do Goberno de España, que se nutre dos Fondos Next Generation da Unión Europea, con fondos propios da Deputación da Coruña. “Este proxecto sen dúbida supoñerá o posicionamento estratéxico de Galicia dentro do marco do Plan España Hub Audiovisual impulsado pola Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais e a Spain Film Commission, xa que como unha das súas 3 liñas estratéxicas inclúese a contribución á transformación do sector audiovisual español”, explicou durante a súa intervención. 


Emprego 

O sector audiovisual galego ten unha importancia estratéxica fundamental para o crecemento socioeconómico do territorio, xa que conta con máis de 700 empresas, factura 411 millóns de euros anuais e crea 4.500 empregos directos. 

 “Desde a Deputación sempre fomos partidarios de dotar de ferramentas ao talento propio para que radique en Galicia e non se vexa obrigado a emigrar para desenvolver a súa carreira profesional e consideramos que desde as institucións públicas temos o deber de axudar a esas persoas con inquietudes e ideas brillantes para poñer en marcha os seus proxectos. Este estudo sen dúbida servirá para poñer en práctica as ideas de numerosos creadores e creadoras de contidos virtuais e, a medio-longo prazo, confiamos en que isto se traduza novos empregos vinculados ao sector audiovisual”, sostivo o presidente da Deputación da Coruña. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias