El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Cartas al Director
Sociedad

O Festival de Ortigueira ofrecerá preto de 20 macroconcertos gratuítos entre o 5 e o 8 de xullo

21-06-2007

O Festival de Ortigueira ofrecerá este ano unha vintena de concertos gratuítos entre o 5 e o 8 de xullo na localidade coruñesa. Mercedes Peón, Milladoiro, Kepa Junkera, Flook e Kroke son algúns dos artistas que compoñen o cartel, no que este ano destaca unha maior presenza galega. O alcalde de Ortigueira, Antonio Campo, e o director artístico do certame, Francisco Rivera, desvelaron na Coruña algunhas das novidades do festival folk. Acampada de balde na praia e 96 horas de música de raíz atraerán ata Ortigueira a unhas cen mil persoas, segundo estimacións da organización. A programación inclúe bandas de media ducia de países, aínda que este ano destaca a presenza de grupos galegos, dende os máis tradicionais, con Milladoiro, Pepe Vaamonde e Daniel Bellón & Diego Maceiras, aos máis innovadores, como Mercedes Peón. Os grupos galegos noveis terán a súa oportunidade na primeira noite co Proxecto Runas, xa que tres dos cinco grupos que participan proceden da comunidade: Crema de gaita, Bonovo e Sete Saias. En Ortigueira daranse cita algúns dos grupos folk máis potentes do mercado internacional, como os irlandeses Flook, os veteranos Dervish, a Bagdad Kemper ou Eric Rigler, intérprete de bandas sonoras como 'Titanic' ou 'Braveheart'. Tamén terán cabida formacións que fan música de raíz á marxe do celta, como Kepa Junkera e os polacos Kroke. O Centro Coreográfico Galego deixará tamén a súa pegada no festival. No marco deste evento, o fotoxornalista José Pardo exporá fotos en escaparates baixo o título 'Saias' e desenvolveranse obradoiros de percusión. A cantante Rosa Cedrón elixiu o teatro da localidade para ofrecer un concerto intimista, coincidindo co festival.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias