El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Cartas al Director
Sociedad

A Fundación Cela solicitará a declaración de Ben de Interese Cultural para a colección de manuscritos do Nobel galego

21-06-2007

A Fundación Camilo José Cela iniciará as xestións para solicitar a declaración de Ben de Interese Cultural para a colección de manuscritos do Nobel galego. Así o anunciou en Iria Flavia (Padrón) a presidenta da Fundación, Marina Castaño, no acto de recepción do manuscrito 'Pabellón de reposo', datado de 1943, co que se completa a colección de novelas escritas a puño e letra do autor de Iria Flavia. Ao acto asistiu o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño; a presidenta do Parlamento galego, Dolores Villarino; a conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón, e o director da Fundación Caja Madrid, Rafael Spottorno, que entregou á viúva de Cela o manuscrito da súa segunda novela, que o escritor regalara a Gregorio Marañón. Touriño salientou que co depósito desta obra na Fundación, "o patrimonio cultural de Galicia será máis rico do que o era onte". Neste senso, púxose á disposición da Fundación para levar adiante a proposta de acadar "os niveis máximos de protección legal" para os documentos, que están a disposición de estudosos da obra celiana dentro da Fundación. Ademais das 14 novelas escritas por Cela, a colección de manuscritos reúne 42 documentos orixinais da súa obra principal, incluíndo libros de viaxe, novelas curtas, contos, memorias, teatro, poesía, diccionarios e artigos, entre outros, así como manuscritos soltos con discursos, conferencias, artículos e notas. Esta colección existe grazas ao "empeño" do autor por conservar todas as cuartillas que "con letra pequeña e impecable" traballaba e corrixía o escritor. Cela consigue así ser o "único escritor universal con una colección completa de toda su obra manuscrita", indicou Marina Castaño. A colección complétase grazas á colaboración do Ministerio de Cultura e co patrocinio da Fundación Caja Madrid, que adquiriu o manuscrito da segunda novela de Camilo José Cela para cedelo en depósito e que poida amosarse en Iria Flavia, xunto aos demais. "Aquí está el alma del autor, se nota su cansancio, sus errores y su pasión en cada momento de la escritura", observou Spottorno, quen cre que con este acto de entrega de 'Pabellón de reposo' "culmina la voluntad de Cela de reunir todos sus manuscritos en la Fundación".





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias