El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

Luis López presenta o novo Goberno Provincial

04-08-2023 14:27:13
Luis López, presidente da Deputación.

REDACCIÓN | “Hoxe é o inicio da nosa andaina como goberno provincial”. O presidente Luis López deu conta do reparto das áreas do novo goberno da Deputación de Pontevedra, composto por “un equipo que vén de sitios distintos pero que estamos unidos por Pontevedra”. O presidente asegurou que se sente “privilexiado por compartir esta nova etapa cun conxunto de mulleres e homes de traxectoria recoñecible e recoñecida, con novas ideas e cunha innegable vocación de servizo”.  

Luis López asegurou que a provincia de Pontevedra precisa tres cuestións: “da mellor xestión, e aquí hai xestores con experiencia; dinamismo, e aquí hai deputados con ganas e iniciativa; e talento, e estes son os mellores en cada posición”. Así, o novo goberno provincial “aseméllase ao que somos como provincia e ao que queremos ser, porque nel se reflexan as nosas prioridades estratéxicas do mandato”. Deste xeito, a vicepresidenta primeira da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, encargarase das áreas de Deportes e Cultura mentres que o vicepresidente Rafa Domínguez será responsable de Economía e Impulso ao Emprego, Museo Provincial e do convento de Santa Clara. 

O alcalde da Estrada e deputado provincial, José López Campos, dirixirá Cooperación Local e Emerxencias, e a alcaldesa de Ponteareas e deputada, Nava Castro, a área de Turismo. Reto Demográfico, Xuventude e Desenvolvemento Rural será xestionada polo alcalde de Cerdedo-Cotobade e tamén deputado provincial, Jorge Cubela, mentres que Asistencia aos Concellos, Transparencia e Administración Xeral será responsabilidade de Jesús Vázquez-Almuíña, alcalde de Baiona. A alcaldesa de Marín, María Ramallo, encargarase de Fondos Europeos, Innovación e Axenda Dixital; o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, de Xestión Tributaria, Patrimonio e Formación; e o da  Guarda, Roberto Carrero, de Cooperación Transfronteiriza e Relacións Institucionais. O deputado provincial Marcos Guisasola levará Medio Ambiente e Mar; Sandra Bastos liderará Igualdade e Benestar Social; Isabel Couselo Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación;  e Javier Tourís farase cargo de Acción Comunitaria e Equipamentos Públicos. 

O novo equipo da Deputación “aspiramos a ser o equipo da mellor Pontevedra: a que fan realidade cada día o preto de millón de habitantes desta provincia”, asegurou o presidente Luis López, que lles agradeceu “a súa dedicación e compromiso, como xa amosaron nestas primeiras semanas”. López sinalou que “temos por diante unha marea de catro anos moi intensa, e contamos coa mellor tripulación para chegar a bo porto”. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias