REDACCIÓN | Viaxar coa tarxeta 'Xente Nova' no transporte público autonómico... Así é o proxecto que a Xunta propón aos mozos galegos menores de 21 anos: poden desprazarse en autobús de maneira totalmente gratuíta dentro do territorio autonómico.
"Móvome" é o nome da nova campaña coa que o Executivo galego -ao transporte público destina un investimento de case 100 millóns de euros cada ano; é dicir, 300.000 euros cada día- anima a este grupo de poboación a viaxar neste medio de transporte.
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, dixo que a Xunta prevé que "a finais de ano os mozos menores de 21 anos teñan realizado seis millóns de viaxes gratis no transporte público autonómico; un millón máis que en 2022". O certo é que desde a Xunta fan fincapé que "actualmente son 150.000 os mozos que viaxan gratis en transporte público por Galicia, cunha media mensual de aforro neste ano 2023 de case medio millón de euros".
“A Xunta renovou renovou case 3.500 liñas, levando o autobús onde antes non chegaba. Optimizou infraestruturas, coa habilitación de estacións intermodais, e activou incentivos económicos como o desconto do 50% nas tarifas”, detallou Ethel Vázquez. A conselleira subliñou que "actualmente son 150.000 os mozos que viaxan gratis en transporte público por Galicia, cunha media mensual de aforro neste ano 2023 de case medio millón de euros".
Ethel Vázquez argumentou que, no primeiro semestre do ano "o transporte público da Xunta rexistrou un total de 18 millóns de viaxes, un 17% máis que no mesmo período de 2022". A conselleira incidiu tamén no verán, e dixo que "co avance do verán este incremento acadou un 30% máis de viaxeiros en xullo que no mesmo mes do ano pasado".
Así mesmo, Vázquez puxo en valor a campaña 'Móvome', e matizou que: "contribuirá a seguir incentivando o uso do transporte público como alternativa de mobilidade máis segura, limpa e accesible, así como a mellora das infraestruturas e divulgando os beneficios concretos que ofrece o sistema xestionado pola Xunta".