El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Internacional

BRUXELAS | COMISIÓN DE PESCA

O Bloque insta á presidencia española a desbloquear o recoñecemento das confrarías

20-09-2023 19:22:07
Ana Miranda.

REDACCIÓN |  Na Comisión de Pesca celebrada hoxe en Bruxelas, Ana Miranda interpelou ao Ministro de Pesca, Luis Planas, sobre varios temas de gran importancia para o sector pesqueiro como son o recoñecemento oficial das confrarías, posto que son actores fundamentais na toma de decisións, e a preocupación -e na maioría dos casos oposición- pola instalacións de parques eólicos mariños en zonas de pesca. 

“Dende o BNG solicitamos que se desbloquee nesta presidencia española o recoñecemento das confrarías”, salientou Ana Miranda, quen explicou que así o reclaman a Federación de Confrarías Galegas e a Federación Estatal dende hai anos. “As confrarías teñen que ser recoñecidas a nivel europeo”, reiterou a eurodeputada nacionalista, quen salienta que teñen un papel fundamental na toma de decisións relacionadas co sector pesqueiro. 


Sen o aval do Tribunal de Contas da UE 

Por outro lado a eurodeputada do Bloque trasladou ao ministro Luis Planas a “especial preocupación que temos en Galiza coa instalación da eólica mariña”. Ao respecto, Miranda sinalou que eses proxectos de parques eólicos mariños contan coa “rotunda oposición do sector pesqueiro e marisqueiro do noso país”, así como de boa parte dos colectivos ecoloxistas.  

Para o Bloque esa oposición queda avalada co informe que acaba de publicar o Tribunal de Contas, titulado “Offshore Energy Renewable in the EU”, segundo o cal “o desenvolvemento da enerxía renovable mariña plantea unha serie de problemas prácticos, sociais e medioambientais que aínda non recibiron suficiente atención”. Neste sentido, este informe considera que a Comisión de Pesca non valorou suficientemente que as consecuencias da instalación da enerxía renovable mariña sexan prexudiciais para o medio mariño e que provoquen cambios referidos ao desprazamento das especies, os cambios estruturais das poboacións e a dispoñibilidade de alimentos.  

“Non hai nada máis medioambiental que protexer o mar e protexer as especies mariñas e non hai nada máis medioambiental que impedir que empresas especuladoras veñan contra a nosa pesca”, concluíu a eurodeputada do BNG. Departamento e comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias