El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Oitenta entidades deportivas da provincia reciben máis de medio millón de euros

26-09-2023 15:36:41
O deputado de Deportes, Antonio Leira.

REDACCIÓN | A Deputación da Coruña publica hoxe no Boletín Oficial da Provincia a concesión definitiva das subvencións a entidades deportivas da provincia sen ánimo de lucro para infraestruturas e equipamento deportivo. As axudas chegan este ano a un total de 80 entidades deportivas da provincia cun investimento total de 568.579,88 euros. 

O deputado de Deportes, Antonio Leira, sinalou que a Deputación destina este ano 3,5 millóns de euros en diferentes liñas de axudas a entidades deportivas da provincia para fomento do deporte, competición federada en diferentes categorías, apoio a grandes eventos deportivos e dotación de novos equipamentos e infraestruturas.  

“As liñas de subvencións deportivas da Deputación da Coruña contribúen a manter a actividade e a mellorar as infraestruturas de centos de clubs en competicións de todas as disciplinas e categorías deportivas, axudando a situar aos equipos coruñeses na vangarda do deporte galego”, apuntou Leira, que detallou que máis de 600 entidades deportivas da provincia reciben o apoio da Deputación cada ano. 

As axudas para equipamentos, que oscilan entre os 3.060 e os 9.500 € destínanse a cuestións como a adquisición de equipamento para vela adaptada e tenis de mesa inclusivo (ADECO-DEA), adquisición de lancha neaumática de salvamento e control de ruta (Club do Mar de Cariño), adquisición de embarcacións, remos e remolque (Club de Remo de Muros), renovación do chan do pavillón de San Amaro (Club do Mar de San Amaro), rehabilitación das pistas de pádel e substitución do céspede e peche perimetral (Casino Ferrolano-Tenis Club), adquisición de embarcacións e pantalán (Club Naútico Deportivo de Barraña), compra de canastras 3x3 e minibasket (Federación Galega de Baloncesto), adquisición de tatami de competición (Federación Galega de Taekwondo) ou ferramentas electrónicas para a mellora do rendemento deportivo no baloncesto (Fundación Universitario de Ferrol). consultar a lista completa no BOP





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias