El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Cartas al Director
Sociedad

O mundo de "El Señor de los Anillos" desplégase na Coruña e Santiago

A Fundación Caixa Galicia organiza esta mostra internacional

22-06-2007

O mundo dos elfos, orcos, ananos e magos trasládase a Galicia. As sedes da Fundación Caixa Galicia da Coruña e Santiago abren dende este sábado a mostra "El Señor de los Anillos. La trilogía cinematográfica. La exposición", que xa se puido ver en cidades como Singapur, Boston, Houston, Berlín ou Londres, onde bateu os récords de visitantes, con 400.000 persoas. En total, máis dun millón de persoas viron xa a exposición. O día 16 de setembro pecharanse definitivamente en Galicia as Portas de Mordor, xa que tralo paso pola comunidade, a exposición internacional dará por finalizado o seu periplo, segundo anunciou a directora da Fundación Caixa Galicia, Teresa Porto. Máis de 800 pezas orxinais entre xoias, traxes, armas, próteses e reproducións de personaxes como Gollum e dos escenarios da triloxía de Peter Jackson compoñen a meirande exposición organizada pola Fundación Caixa Galicia. A mostra inclúe tamén contidos multimedia sobre o proceso creativo da película. Na sede de Santiago, o maior reclamo é a reprodución a tamaño natural de Gollum, creada específicamente para o proxecto expositivo, así como os traxes e as armas orxinais empregadas na película polas personaxes de Gimli e Legolas. Os visitantes terán ao alcance da man e da vista as espadas dos exércitos en loita para comprobar os distintos acabados en función da distancia das personaxes. O público poderá comprobar o laborioso proceso de produción das películas. Así por exemplo, o vestido de Galadriel, que levou medio ano para a súa elaboración a man, ou as armas dos protagonistas, feitas de xeito artesanal. Verán Cultural A mostra formará parte dun "verán cultural" promovido pola Fundación Caixa Galicia, xunto coa exposición de Tamara de Lempicka, Keith Haring e Pilar Citoler. No plano musical, agárdase o directo de Serrat e Sabina, o Festival Mozart e o ciclo "As nosas músicas", que ofrecerá un total de 40 concertos por toda a comunidade. Ao tempo, a Fundación traerá á Coruña a estrea en España da obra "Olvida los tambores", de Ana Diosdado.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias