El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Cartas al Director
Sociedad

O escritor mexicano Leonardo Da Jandra impartirá o mércores en Santiago a conferencia "México: autonomía e identidade no Mundo Globalizado"

22-06-2007

O escritor mexicano Leonardo Da Jandra impartirá o mércores en Santiago a conferencia 'México: autonomía e identidade no Mundo Globalizado', dentro do ciclo organizado polo Club Internacional de Prensa 'América, cada vez máis latina'. O relator analizará o problema das identidades particulares no mundo de hoxe. Centrarase no caso mexicano, pero visto dende a periferia da costa oaxaqueña e cunha perspectiva galega, se ben o problema da conservación das culturas minorizadas é común a todas as nacionalidades no contexto da globalización. Nado en Chiapas en 1951, Da Jandra medrou en Galicia, estudou en Santiago e Madrid. Estudoso da filosofía, o escritor defende a utopía mínima e reflicte na súa obra unha inquedanza pola Xeración do 98 como ponte entre a cultura peninsular e a mexicana. De Jandra é autor de libros como 'Entrecruzamientos', 'Totalidad, seudototalidad y parte', 'Huatulqueños', 'Tanatonomicón', 'Samahua', 'Los caprichos de la piel' e 'La última Hispanidad, fiesta y rito', entre outros.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias