El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

O contacontos "Kalopsia" percorre catro concellos da provincia para achegar a Unión Europa ao público infantil

As paradas serán en A Baña, Vedra, Ares e na Biblioteca Provincial da Deputación na Coruña.

16-10-2023 15:30:25
Contacontos Kalopsia.

A CORUÑA | O espectáculo Coñece Europa con Kalopsia percorrerá catro puntos da provincia da Coruña nos vindeiros meses para achegar a Unión Europea a nenos e nenas. Esta actividade forma parte da programación que EUROPE DIRECT A Coruña ofrece aos concellos adheridos á rede Europa no teu Concello e poderá verse nos concellos de A Baña, Vedra e Ares e na Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña. 

Coñece Europa con Kalopsia é un obradoiro de contacontos que explica ao público infantil dunha maneira sinxela e entretida o funcionamento e valores da UE. A sesión comezará cun achegamento a algúns contos e libros infantís europeos para coñecer un pouco da tradición literaria da Unión Europea e as diferentes culturas que a compoñen. 

A continuación, o público poderá escoitar a narración do libro Kalopsia. Un planeta non tan diferente: descubre Europa desde o espacio exterior, editado pola Representación da Comisión Europea en España. O conto está pensando para que os nenos e nenas coñezan a orixe da Unión Europea e entendan que a diversidade é un valor que nos enriquece. 

Para rematar, os cativos converteranse en protagonistas e poderán xogar a formar os seus propios países e alianzas. A actividade contará con intérprete de lingua de signos para garantir a accesibilidade. 

A primeira representación terá lugar o 18 de outubro ás 17 horas na Axencia de Lectura do Concello da Baña. A seguinte parada será na Biblioteca Provincial, axendada para o 27 de outubro ás 18 horas. A continuación será a quenda do Concello de Vedra, que acollerá o espectáculo o 8 de novembro ás 18 horas na Biblioteca Municipal. A última función deste ano celebrarase o 15 de novembro ás 18 horas na Alianza Aresana do Concello de Ares.  Máis información





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias