El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación destaca o traballo das ONG coruñesas para mellorar a saúde, a educación e a calidade de vida en distintos puntos do mundo

01-11-2023 10:48:47
Rosa Ana García López (3d).

REDACCIÓN | A deputada de Industria, Empresa, Medio Ambiente, Emprego e Política Demográfica, Rosa Ana García López, acompañada de persoal técnico do Servizo de Desenvolvemento Territorial, reuniuse onte con representantes da Fundación Taller de Solidaridad, unha entidade sen ánimo de lucro que empodera a mulleres e colectivos vulnerables a loitar pola igualdade no mundo. 

O motivo da visita foi para presentar os resultados do proxecto do Centro para as Mulleres de Alto Litoral -UsphaUspha, Cochabamba, Bolivia. Este centro ven recibindo financiamento por parte da Deputación da Coruña dende o ano 2020. Na reunión estiveron presentes Rafael Veiga de Diego, da Fundación Taller de Solidaridad, dúas representantes do proxecto: a técnico do mesmo, Liliana Siles, e unha destinataria, a emprendedora Lourdes Herrera. 

A deputada destacou o traballo de ONGs como Taller de Solidaridad para  “mellorar a saúde, a educación e as condicións de vida de moitas persoas en diversos países do mundo”. A Deputación financia estas actuacións de cooperación internacional cunha liña de subvencións de 300.000 euros ao ano. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias