El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

Enxeñeiros de Telecomunicacións estudan a influencia dos parques eólicos no sinal de televisión dixital terrestre

A TDT debe acadar os niveis de cobertura da televisión analóxica en tres anos

25-06-2007

A Escola de Enxeñería Técnica Superior de Telecomunicacións da Universidade de Vigo presentou en Santiago un estudo sobre a influencia dos parques eólicos no sinal de televisión dixital terrestre (TDT) e as solucións aos posibles problemas na recepción do sinal ocasionados polos aeroxeradores. "A influencia dos parques eólicos no sinal da TDT pode ser moi crítica". Así o manifestou o director xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel José Fernández Iglesias, nunha pausa da reunión do grupo de traballo de desenvolvemento da TDT en Galicia. O director xeral de Comunicación Audiovisual sinalou a necesidade de contar cun estudo de impacto nos sinais radioeléctricos nos protocolos de creación de parques eólicos no futuro para garantir o servizo da televisión. Na xuntanza, o subdirector xeral de Infraestruturas e Normativa Técnica do Ministerio de Industria, Ricardo Alvariño, presentou o plan de transición entre televisión analóxica e dixital na comunidade. Integrada por enxeñeiros, instaladores, fabricantes de equipos de telecomunicación galegos, representantes da administración estatal, autonómica e municipal, a xuntanza serviu para tentar solventar os problemas específicos de Galicia na implantación da TDT. Así por exemplo, a Xunta presentou os resultados das axudas públicas aos Concellos para o desplegamento de minicoberturas a través de gap-fillers (enche-ocos), cos que resolver os problemas de zonas de sombra "propios de Galicia, cunha poboación dispersa e unha orografía montañosa", ás que se destinaron 250.000 euros en 2007. "Hai que garantir que a cobertura da TDT sexa polo menos a mesma que temos en analóxico para toda a poboación galega", indicou Manuel Fernández, quen observa unha "sensibilidade" por parte do Estado respecto ás necesidades específicas de Galicia na recepción da TDT. Reto O director xeral cre necesaria unha coordinación entre todas as administracións implicadas na transición á televisión dixital para acadar antes de 2010 os niveis de cobertura "que vimos despregando dende hai 20 anos para a televisión analóxica", superior ao 99 por cento. Neste senso, Galicia "leva un ano de adianto" na planificación do apagón con respecto a outras comunidades, xa que uns 200 concellos están a desenvolver un plan de implantación de TDT. O concello lucense da Fonsagrada vivirá o primeiro apagón en marzo de 2008, dous anos antes da data prevista, para estudar o impacto social e os requerimentos técnicos derivados da adaptación á televisión dixital nun concello rural.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias