El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

GALICIA | ENSINO

O Profesorado galego volve saír á rúa para protestar contra o acordo de redución de cocientes e horario

28-11-2023 16:59:34
Suso Bermello.

REDACCIÓN | O colectivo docente galego mantén a tensión coa Xunta após confirmarse que será o que teña o peor horario lectivo de todo o Estado o vindeiro curso, tras o acordo negociado na Comunidade de Madrid que era a única xunto con Galiza que mantiña as 20 horas lectivas desde os recortes de Rajoy en 2012 nas etapas de secundaria, bacharelato, FP e ensinanzas de réxime especial (ensinanzas musicais, de idiomas, artísticas e deportivas). A este agravio xúntase que o acordo asinado polo presidente Rueda cos tres sindicatos minoritarios CCOO, ANPE e UGT para a baixada do horario a 23 horas en infantil e primaria o vindeiro curso non vai significar un incremento no número de mestras e mestres, dado que os catálogos dos centros destas etapas foron deseñados en 2007 para as 21 horas lectivas aprobadas co bipartito. 

“Dunha foto fixa en 2009 na que o profesorado galego era o que tiña o mellor horario de todo o Estado, con 21 sesións lectivas en infantil e primaria e 18 no resto das etapas a outra en 2024 na que será o que teña o peor horario mantendo as 20 horas en secundaria, FP e ensinanzas de réxime especial xa en solitario e baixando a 23 para os mestres e mestras pero sen incidencia real na contratación de máis efectivos. Este é o balance dos 14 anos en materia de persoal do PP á fronte da Xunta e que o sitúa como o goberno máis reaccionario e que máis despreza o seu profesorado de todo o Estado”. 

Así de crítico se dirixía o secretario nacional da CIG-Ensino, Suso Bermello, aos medios de comunicación antes da manifestación celebrada esta mañá en Compostela na que se volveron reunir miles de docentes na que é a segunda xornada de folga convocada no ensino público en apenas un mes. Ler máis





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias