El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

O Plan Único da Deputación destina sete millóns para reforzar os servizos sociais dos concellos

28-11-2023 18:53:00
7 millóns para reforzar os servizos sociais.

REDACCIÓN | A deputada de Política Social, Mar García Vidal, acompañada do equipo técnico de servizos sociais da Deputación da Coruña, mantivo hoxe unha reunión telemática con representantes dos  concellos da provincia para explicar as bases do POS Social, que a institución provincial vén de aprobar no pleno do pasado venres dentro do Plan Único, e que destinará 7 millóns de euros en 2024 para reforzar os servizos e programas de axudas sociais dos concellos.  

Segundo explicou a deputada, os fondos do POS Social poderán ser destinados por cada concello a financiar as súas necesidades específicas no eido das políticas sociais: contratación de persoal técnico e administrativo adscrito aos servizos sociais municipais, axudas de emerxencia para persoas e familias en risco de exclusión social, ampliación do servizo de axuda no fogar ou servizos como xantar na casa, reforzo dos programas municipais de respiro familiar e conciliación, reforzo das axudas para persoas sen fogar ou axudas económicas para fogares en situación de pobreza enerxética son algúns dos conceptos que poden ser financiados con estes fondos para gasto social incluidos no Plan Único. 


Programas que melloran a vida de miles de persoas

“O POS Social supón un importante apoio para impulsar programas e servizos sociais dos concellos que melloran a vida de miles de persoas de colectivos especialmente vulnerables, como persoas maiores, dependentes, persoas con diversidade funcional, vítimas de violencia de xénero ou menores”, destacou Mar García Vidal, que subliñou que os concellos poderán tramitar as súas solicitudes entre o 12 de decembro deste ano e o 14 de febreiro de 2024.  

“A reunión foi moi produtiva e serviunos tamén para coñecer as dúbidas que teñen os concellos sobre os programas susceptibles de ser financiados co POS Social e para coñecer en detalle iniciativas moi interesantes que se están levando a cabo desde o mundo municipal co apoio destes fondos da Deputación”, sinalou a deputada de Política Social.  

Entre eles hai programas de envellecemento activo, servizos municipais de atención a urxencias sociais, programas de vivenda para familias vulnerables ou servizos de apoio escolar para alumnado con especiais dificultades ou en risco de exclusión social. 

Mar García lembrou que o POS Social tivo a súa orixe en 2020, cando o goberno de Valentín González Formoso decidiu modificar as bases do Plan Único para incluír unha partida específica destinada a apoiar económicamente aos concellos ante o incremento do gasto social derivado da pandemia. “Catro anos despois supuxo un investimento de 28 millóns de euros nos concellos que serviron para reforzar a rede de protección social en toda a provincia e para pór en marcha novas iniciativas. Esta aposta continuará en 2024 con outros 7 millóns de euros”, afirmou. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias