El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

O BURGO

O BNG e Confraría da Coruña visitan a dragaxe da Ría do Burgo

01-12-2023 18:27:18
Ana Mirnda (3i).

REDACCIÓN | A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, visitou hoxe a evolución das obras de dragaxe da Ría do Burgo, máis de 10 anos despois de que unha delegación de eurodeputados da Comisión de Peticións da Eurocámara, instalara a levar a cabo a retirada de lodos que permitise a rexeneración ambiental e a recuperación de postos de traballo. 

“A rexeneración da Ría do Burgo é un tema prioritario para o BNG e absolutamente imprescindible para que se recuperen os postos de emprego e o medio ambiente”, subliña a eurodeputada nacionalista, quen fixo un percorrido polas obras xunto a mariscadores da Confraría da Coruña, o portavoz do BNG na Coruña, Francisco Jorquera, a concelleira Avia Veira, e Concelleiras do BNG en Culleredo e Cambre. 

Tras a visita, Miranda puxo en valor o traballo conxunto desenvolvido ao longo destes anos entre a Confraría e o BNG para conseguir que se leven a cabo non só as obras da dragaxe. “Levamos moitos anos loitando para que esta dragaxe se poña en marcha e é moi importante comprobar o estado das obras”, manifestou a eurodeputada do Bloque, quen valora positivamente a ampliación do prazo até abril para rematar a dragaxe da Ría. “Acollo con satisfacción o avance das obras, froito do traballo do BNG nos Parlamentos e nos diferentes concellos, así como da propia Confraría, que leva anos loitando”, subliñou.  


Convenio 

Por outro lado, a eurodeputada do BNG, tamén valorou a posta en marcha do convenio destinado a mariscadores e mariscadoras durante todo o tempo que a súa actividade estea paralizada tanto polas obras como polo tempo que dure a resembra das especies para que a Ria volte ser produtiva. Segundo considerou, “agora só falta que as obras rematen e que as mariscadoras e mariscadores poidan voltar realizar o seu traballo, e para iso o Goberno do Estado ten que asegurar o convenio necesario até o momento que a Ria do Burgo volte ser produtiva”. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias