Sociedad
Unha delegación marroquí asinará acordos audiovisuais e educativos en Galicia
25-06-2007
O crisol de culturas, costumes e tradicións que asoman ao Mediterráneo convirten a este mar nun espazo de obrigada convivencia, máis aló dos conflitos relixiosos e de cuestións como a situación da muller en moitos dos países árabes. Esa é a teima que inspirou a coprodución televisiva internacional Linatakalam que, en árabe, quere dicir "alemos, conversemos, dialoguemos".
Neste proxecto, integrado por seis capítulos de media hora de duración, participan a TVG, a televisión pública de Marrocos, SNRT, TVE, Surf Film, Castelao Producciones e IBISAtv. O responsable desta última produtora, Valentín Carrera, avanzou en Santiago, na sede do Club Internacional de Prensa, os actos que se celebrarán co gallo da estrea da iniciativa audiovisual e que traerán a Galicia a unha delegación do goberno marroquí.
O ministro de Comunicación do reino alahuita, Nabil Benabdallah, e o Conselleiro do Rey, André Azoulay, asinarán coa Secretaría Xeral de Comunicación un convenio para a cooperación no eido das telecomunicacións. Tamén se prevé outros dos acordos de colaboración en materia audiovisual, coa TVG, e educativa, coa Universidade de Santiago de Compostela (USC).
Carrera subliñou a importancia da colaboración co país veciño, xa socio da TVG na serie producida en 2005 sobre a traxectoria do futbolista do Deportivo da Coruña, Basir, que, segundo asegurou, ?tivo moito éxito en Marrocos?. A delegación marroquí porá en marcha diversos proxectos de intercambio en educación intercultural entre a Universidade Al Alkawain de Ifrane e a USC.
A estes acordos engadirase un encontro dos representantes alahuitas co seu embaixador en España, Omar Azziman, e o secretario xeral de Emigración da Xunta, Manuel Luís Rodríguez, para abordar a situación que viven os inmigrantes do país veciño na comunidade galega.
Segundo reiterou o responsable de IBISAtv, Marrocos é un país de ?importancia estratéxica? xa que, como subliñou, é un dos principais destinos das exportacións galegas e supera aos países latinoamericanos ?mesmo ao Brasil e a Arxentina? na balanza comercial que resulta das ventas aos mercados alahuitas.
?É un veciño co que temos que convivir e hai necesidade de levarse ben con eles?, sinalou, tras considerar que non é tan relevante a relación que manteña Galicia con Tailandia ou Bali e, polo contrario, si o é manter o diálogo co reino alahuita. Carreira lembrou ademais o comportamento que tivo este país trala catástrofe do Prestige, coa apertura dos seus caladoiros a 200 pesqueiros galegos de balde e sen impoñer taxas á descarga das capturas nos seus portos.
Nesta liña, tamén se referiu ao atractivo que esperta Marrocos para as empresas galegas que, como o caso de Inditex, Adolfo Domínguez ou a construtora Fadesa teñen realizado importantes investimentos nese país, segundo apuntou. Polo tanto Carrera amosou a súa confianza en que, desta visita da delegación marroquí ?sigan a saír liñas de comercialización? entre Galicia e o reino alahuita.
Coprodución
A aportación galega á produción internacional representa un de cada dez euros do orzamento total da serie. Os restantes nove euros acadáronse no exterior. As produtoras de Galicia están interesadas no desenvolvimento deste modelo de traballo, baseado na busca de financiamento, de busca de ?capital semente? como o calificou Carrera, máis aló do territorio propio. ?Sería imposible que se fixera a serie se a tivesen que asumir as produtoras de Galicia?, afirmou o responsable de IbisaTV.
A serie será distribuída por Filmax e acompañarase dunha guía didáctica que pretende convertirse nunha ferramenta de traballo nas escolas e institutos galegos para potenciar a intregración dos colectivos inmigrantes na comunidade.
www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias