El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

A galega "Te quiero mal" consegue o Premio do Público do VIII Concurso Iberoamericano de Curtametraxes Versión Española

25-06-2007

A curta galega 'Te quiero mal' vén de acadar o Premio Kodak do Público no VIII Concurso Iberoamericano de Curtametraxes Versión Española-SGAE, convocado polo programa de Televisión Española e dotado con 4.000 metros de película virxe. "Versión Española" pecha a súa novena tempada coa emisión dos cinco traballos gañadores na oitava edición do certame iberoamericano de curtas. O xurado estivo composto polos directores Manuel Gutiérrez Aragón, Chema de la Peña, Daniel Sánchez Arévalo, Víctor García León, a produtora Esther García, a editora María Sylveiro e a actriz Ana Wagener. Na anterior edición, o certame outorgou o primeiro premio ao galego Mario Iglesias por 'Madres', que tamén obtivo o primeiro premio do Nuevo Talento Fnac de Cortometrajes 2006, do VIII Certamen Nacional de Vídeo, ou do apartado de ficción do III Festival de Cans, celebrado no concello pontevedrés do Porriño. A película, dirixida por Mireia Giró, conta a historia dunha muller cega que leva unha vida ordeada e independente ata que o amor entra na súa vida. 'Te quiero mal' foi rodada no verán de 2005 na capital galega como premio no concurso de guións Compostela Plató do Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias