El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación financia con 110.000 euros a programación cultural e de divulgación científica da UDC

19-12-2023 16:44:56
O convenio de colaboración.

REDACCIÓN | A Deputación da Coruña destina un total de 90.000 euros para financiar a programación cultural e de divulgación do coñecemento científico da Universidade da Coruña no 2023. 

O presidente do ente provincial, Valentín González Formoso, e a deputada de Cultura, Natividad de Jesús González Rodríguez, e o reitor da UDC, Julio Abalde Alonso, asinaron o convenio de colaboración, que contempla diferentes liñas de actuación prioritarias na difusión da cultura na provincia. O orzamento total ascende a 137.500 euros, un montante do que a Deputación achega o 80%.  

Formoso destacou que, con este apoio, a Deputación contribúe a manter unha programación cultural de calidade e un calendario de actividades de divulgación científica para o alumnado da institución académica coruñesa.  

Natividad González, pola súa parte, salientou a importante labor de promoción cultural da UDC, “que coincide co compromiso da Deputación en poñer en valor a creatividade, talento e as diferentes propostas culturais do país”.  

Dentro deste ciclo de actividades financiadas pola Deputación inclúese A First Lego League 2023, un programa de ámbito internacional que desafía á mocidade a resolver problemas do mundo real como a reciclaxe, a educación ou as enerxías renovables a través da ciencia e da enerxía.  

O convenio inclúe tamén unha serie de obradoiros creativos en diversos ámbitos da arte e da cultura e as aulas de teatro e danza, o clube de lectura, de carácter mensual, guiado pola poeta Estíbaliz Espinosa e comprende, por outra banda, residencias, que teñen como fin apoiar proxectos de investigación e creación nos ámbitos do teatro, a escritura dramática, a danza, a música ou as artes visuais, entre outros. Deste xeito ofrécese aos artistas recursos infraestruturais, técnicos e humanos para o desenvolvemento das súas iniciativas. 

A tenor disto, volve a convocarse a residencia de creadores emerxentes “Interaccións Artísticas en Galicia”, a través dun convenio no que a Deputación colabora xunto á RAG de Belas Artes, Os Conservatorios Superiores de Música da Coruña e de Vigo e as tres universidades galegas. 

Ademais unha nova Convocatoria do Programa de Residencias Artísticas Normal – Fundación María José Jove, que xa van pola terceira edición. Estableceranse dúas residencias, proporcionando ás persoas seleccionadas o acceso a un espazo de traballo e os recursos necesarios para a produción de proxectos audiovisuais.  

Á súa vez, tamén se cofinancian o coro da UDC, creado no 1990, e exposicións en Normal, que este ano contou con dúas grandes mostras: “Derrotas: formas de pensar” e “Ante a inminencia”. No programa tamén se inclúe a financiación de dúas publicacións como “A Galicia deseñada” e “Universo Cantigas” e outras actividades fixas e puntuais como poden ser accións polo Día das Letras Galegas, ciclos de música e cinema ou roteiros singulares de carácter histórico sobre a cidade de Ferrol e figuras como María Casares. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias