El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación plantexa en Fitur unha reflexión sobre a necesaria sustentabilidade turística

24-01-2024 16:55:35
Xosé Regueira, vicepresidente da Deputación.

REDACCIÓN | Fitur acolleu hoxe a presentación de “Provincia da Coruña, territorio sostible” da man do vicepresidente e deputado de turismo, Xosé Regueira, e do deputado de Deportes, Antonio Leira, que salientaron a necesidade de poñer en marcha políticas que fomenten un turismo sostible dende un punto de vista social, económico e medioambiental. 

Regueira referiuse, así, aos cinco plans de sustentabilidade turística en destino da Deputación: Os fogóns do Anllóns; Fragas do Eume; Proxecto de Xeoparque Cabo Ortegal; Vía Verde Compostela - Tambre – Lengüelle e Centro histórico de Ferrol e patrimonio militar da Costa Ártabra. Todos estes plans promoven un turismo respectuoso coa contorna que contribúa á xeración de riqueza local, ademais de favorecer a fixación de poboación do rural, entre outros aspectos. 

“Desde a Deputación da Coruña somos moi conscientes da necesidade de poñer en marcha políticas que manteñan a autenticidade do territorio e que teñan moi en conta á poboación local”, apuntou Regueira. “Dirixímonos a un perfil de turista esixente, que valora a calidade e que pon en valor o coidado do noso medio, por iso temos que coidar o noso territorio ao detalle”. 

Como claves para levar a cabo esta estratexia, o vicepresidente destacou a colaboración, “tanto entre administracións públicas como co sector privado”. Deste xeito, “seremos quen de afrontar, en conxunto, retos tan relevantes como o cambio climático”. “A sustentabilidade non so debe ser a meta, senon tamén o late motiv das estratexias turísticas”. 

Pola súa banda, o deputado provincial de Deportes, Antonio Leira, quixo incidir na importancia “da recuperación do proxecto da Vía Verde Compostela – Tambre – Lengüelle, que estaba gardado nun caixón, e que na actualidade xa é o maior sendeiro natural de toda Galicia con 26 quilómetros de lonxitude, e chegará ata os 36”. 

Leira, que presentou unha peza audiovisual sobre esta senda para destacar o seu potencial turístico, lembrou “o importante que é para a Deputación fomentar os hábitos de vida saudable e o deporte entre a poboación”. 


Cinco plans de sustentabilidade turística para apostar polo turismo sostible 

Os cinco plans de sustentabilidade turística que impulsa a Deputación pretenden fomentar un turismo sostible, no que a protección do medio ambiente e a economía circular sexan eixos nos que basear as políticas provinciais, para que dese xeito redunden no beneficio das paisaxes, que polas súas características son un reclamo turístico de primeira orde. 

Conscientes desta importancia, a Deputación consegue financiación, a través do Goberno do Estado, para mellorar e poñer en valor cinco destes enclaves a través de plans de sustentabilidade turística, cun investimento de preto de 8 millóns de euros, a través dos fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia Next Generation. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias