El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Formoso: "A enerxía debe permitir que sexamos protagonistas en Europa nos vindeiros anos"

07-02-2024 15:02:27
Valentín González Formoso (c).

A CORUÑA | O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, abordou hoxe nun almorzo informativo coa Confederación de Empresarios da Coruña diferentes aspectos relacionados coa enerxía e a industria na provincia. Logo do encontro, situou como unha prioridade que a enerxía “nos permita ser protagonistas en Europa nos vindeiros anos, e debe permitir tamén que as industrias galegas teñan unha oportunidade de competitividade”. 

Segundo explicou xunto ao presidente da CEC, Antonio Fontenla, a enerxía debe servir, ademais, para fixar poboación no rural “e facelo ben, de xeito que haxa unha titorización pública dos proxectos, que saibamos distinguir os proxectos especulativos dos proxectos que aportan valor a Galicia”. 

Formoso informou tamén de que durante a xuntanza se trataron aspectos como a necesidade de protexer as industrias tractoras que existen na provincia da Coruña ou a redución da burocracia para que as iniciativas que xeran emprego, fixan poboación e reteñen talento en Galicia teñan máis facilidades por parte das administracións. 

Ao tempo, destacou a importancia da industria para a provincia. “Sectores coma o turismo son fundamentais, pero é imprescindible aumentar o peso da industria no PIB ata o 20 %”, afirmou. Fontenla analizou no transcurso da reunión cuestións que os empresarios consideran “claves” de cara ao futuro e para as que pediu o apoio da Deputación. Entre elas, coincidiu con Formoso na aspiración de “levar a cabo un proceso de reindustrialización que debe ter como obxectivo recuperar e incrementar o peso do sector industrial, co horizonte no 20 % do PIB e ser o motor do crecemento verde”. 

“Temos a oportunidade histórica de rearmar as capacidades industriais da nosa provincia, especialmente no sector das renovables e dos combustibles verdes”, insistiu, porque “o noroeste galego, especialmente dende o eixo A Coruña-Ferrol, estase posicionando como un polo de atracción de primeiro nivel para esas industrias”, dixo. Departamento de comunicación 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias