El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

"A provincia que sabe" conquista ao público profesional de Donostia

22-02-2024 11:44:57
Xosé Regueira, vicepresidente da Deputación.

REDACCIÓN | O emblemático hotel donostiarra “Nobu” foi onte o esceario de presentación de “A provincia que sabe” nunha xornada na que a Deputación da Coruña exhibiu a riqueza turística e gatronómica da provincia, da man de diferentes produtores locais e do Restaurante Balarés, de Ponteceso, que ofreceron a un público profesional produtos de calidade cociñados pola chef Silvia Facal. 

A cita comezaba cun showcooking a base de produtos de quilómetro cero como os berberechos do Anllóns, as verdinas de Coristanco, os longueiróns de Fisterra ou o polbo de Mugardos, maridados con vermús Lodeiros, viños da provincia, de Choiva Viños e cervexas de Estrella Galicia. Continuaba coa sobremesa na terraza, a cargo de Cafés Lúa, que aportou os cafés; Licores Bello Blanco, co licor café; queixo Galmesán e a tarta de améndoa de Vila Sen Vento. 

Os produtores salientaron a gran oportunidade que supón para eles poder exhibir o seu traballo en espazos tan relevantes e profesionais como este, onde conseguiron contactos comerciais e onde tamén tiveron a oportunidade de darlle visibilidade ás súas marcas ante un sector da restauración con moito interese polos saberes e sabores da provincia. 

“Queremos exhibir a nosa provincia en foros moi específicos, da man de chefs e produtores que son a nosa mellor marca”, apuntou o vicepresidente. “Neste sentido, Donostia é un mercado moi atractivo, onde mirarnos como sector turístico e gastronómico, e tamén onde vender turismo.  Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias