El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

Luis López reforza a aposta da Deputación polo turismo co apoio á Festa da Arribada de Baiona

A colaboración da Deputación na organización deste evento compleméntase coa concesión dunha axuda de 8.000 euros para a confección do programa.

22-02-2024 15:05:42
Luis López (c).

REDACCIÓN | O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, reforzou a aposta do goberno provincial polo fomento do turismo na provincia na presentación dunha nova edición da Festa da Arribada de Baiona. O evento, que se celebra na fin de semana do vindeiro 1 de marzo, chega a súa edición número 28 co recoñecemento de Festa de Interese Turístico Internacional e como unha referencia no destino turístico Rías Baixas. “A nosa provincia de Pontevedra é un destino sustentable, cultural, ligado ao medio natural, respectuoso co medio ambiente e desestacionalizado. E neste conxunto, a Festa da Arribada de Baiona é un dos nosos máximos expoñentes”, destacou o dirixente provincial. 

Acompañado polo alcalde de Baiona e deputado provincial, Jesús Vázquez Almuíña; e a deputada de Turismo, Nava Castro; o presidente Luis López reafirmou o compromiso da Deputación no apoio a esta festa. “O apoio da Deputación a esta festa non é unha obriga que asumimos con gusto, é unha necesidade. Porque no goberno provincial temos o firme compromiso de apostar por un turismo que dinamice e potencie a actividade económica de vilas como a de Baiona, que teña a cultura e o deporte como aliados estratéxicos, e que sexa consciente do atractivo da nosa riqueza natural pero comprometido coa súa protección e conservación”, defendeu o mandatario provincial. 

Neste sentido, Luis López recordou as boas cifras, no tocante ao turismo, coas que as Rías baixas pecharon o ano 2023 para amosar a súa seguridade en que este ano será aínda mellor. “Que o turismo nas Rías Baixas está lonxe de tocar teito é unha evidencia”, sostivo o mandatario antes de puntualizar que o crecemento ten que ser controlado. “Nin queremos, nin podemos permitir morrer de éxito. Temos unha folla de ruta clara, no que concellos como o de Baiona xogan un papel fundamental. O noso ten que ser un destino sustentable, cun sector público e privado camiñando xuntos polo mesmo camiño e cun plan estratéxico como o que impulsa esta Deputación que posicione as Rías Baixas como un destino competitivo, atractivo, sustentable e adaptado aos novos tempos”, subliñou o presidente provincial. 

A colaboración da Deputación na organización deste evento compleméntase coa concesión dunha axuda de 8.000 euros para a confección do programa. Un compromiso que fará posible que “a Festa da Arribada chegue como mínimo a outras 28 edicións”, concluíu Luis López, quen animou a toda a cidadanía da provincia e os interesados en visitar as Rías Baixas a desfrutar da Festa da Arribada, unha experiencia 100 % Rías Baixas.  Depatamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias