El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

SOBER

Presentado o cartel e programa de actos da XLIV Feira do Viño Amandi

O escenario elixido foi o miradoiro de Pena do Conde, na Barca.

24-02-2024 14:07:16
Cartel do XLIV Feira do Viño Amandi.

REDACCIÓN | O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, presentou hoxe no miradoiro de Pena do Conde, na Barca, a programación da XLIV Feira do Viño de Amandi, as actividades que forman parte do Mes do Amandi e o cartel anunciador do evento, cuxo autor é o vilalbés Eduardo Pérez Baamonde.  Estivo acompañado por parte do equipo de Goberno, adegueiros e adegueiras. Este ano o convidado de honra é o Concello de Pereiro de Aguiar, nunha edición da feira que por vez segunda vai comezar o venres 22 de marzo e estenderse durante o sábado e domingo de Ramos. Para a presente edición están inscritas 22 adegas da subzona de Amandi.  A xornalista e presentadora de televisión Lucía Rodríguez será a encargada de dar o pregón, o domingo día 24 ás 13:00 horas. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias