El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

CHANTADA

Chantada prepárase para celebrar a XLI Feira do Viño: do 8 ao 10 de marzo

29-02-2024 18:18:27
Presentado a XLI Feira do Viño de Chantada.

REDACCIÓN | A XLI Feira do Viño de Chantada, que terá lugar do 8 ao 10 de marzo, abre as Feiras do Viño na Ribeira Sacra. A cita era presentada hoxe no hall do auditorio coa presenza do alcalde, Manuel Lorenzo Varela; Manuel Diéguez, concelleiro de Cultura, Novas Tecnoloxías, Innovación e Desenvolvemento, adegueiros e colaboradores.  

Este ano participan da 41 edición da Feira do Viño de Chantada 16 adegas: Adegas Amedo, Adega Castrofiz, Adegas Condado de Sequeiras, Adegas Pincelo, Adega Os Cipreses, Albarduxe, Bodegas Sta. María de Nogueira, Cabo do Mundo, Calexotes, Diego de Lemos, Enonatur, Instinto Romano, Pilares de Belesar, Adegas e Viñedos Lareu, Vía Romana Adegas e Viñedos e Adega Alouviño, esta última está pendente de regularizar a situación coa D.O. Ribeira Sacra. 

A Feira terá lugar, como é habitual na carpa instalada na Avda. de Monforte á altura da Praza de Galicia. Os postos de viño abriranse o venres ás 20:00h. e durante a fin de semana permanecerán abertos todo o día.  

Esta 41 edición terá como pregoeira, o domingo ás 13:00h. á escritora pontevedresa, Fina Casalderry, autora, principalmente de literatura infantil, ten recibido numerosos recoñecementos pola súa obra e traxectoria literaria e educativa, como o Premio da Cultura Galega no 2015. Este ano como novidade farase unha homenaxe aos viticultores, será o domingo antes do pregón e correrá por conta de Queiman e Pousa e a entrega de premios aos mellores viños da Feira do Viño de Chantada terá lugar despois do pregón e non durante o xantar desa xornada. 

Este ano incorpórase á programación da Feira unha actividade que se desenvolverá o 15 de marzo, Work Ribeira Sacra, unha xornada formativa que terá o viño como protagonista. 


Programación  

A programación da Feira conta con actividades para os máis pequenos, Ocioteca Infantil, para maiores de tres anos, a cargo de Velaísca. A ocioteca que se desenvolverá na Casa da Mu?sica, terá horario de 12:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 durante o sábado e o domingo.Pola súa banda, a sala principal do Auditoro Municipal acolle o IV Túnel do Vin?o de Chantada. A proposta que se devolverá durante a fin de semana en horario de 11.30 a 14:00 e de 18:00 a 20:30, terá un prezo de 10,00 euros e está aberta ao público, destinada especialmente a profesionais do sector. O tempo de lecer en Chantada complétase a segunda fin de semana de marzo coa celebración da XV Feira de Oportunidades e a XIV Mostra de Produtos de Artesanía, que organiza a Asociación de Empresarios de Chantada CCA Ribeira Sacra.  

Manuel Diéguez destacaba o esforzo de todas as persoas que levan colaborando coa celebración desta cita como Javier Medela, Ramón Caamaño ou Bruno Lovelle. Pola súa o rexedor local, Manuel Lorenzo Varela, agradecía a implicación das adegas participantes, “Agradecer a participación das adegas, sen elas non habería Feira do Viño de Chantada. Animar e invitar a toda a xente que nos visita cada ano e a esas persoas que o farán este ano por primeira vez. Abrimos un ano máis as Feiras do Viño da Ribeira Sacra e Chantada será unha festa de homenaxe ao noso viño e ao traballo de viticultores/as e adegueiros/as, do 8 ao 10 de marzo”. 

Como prólogo á Feira do Viño, Chantada celebrará este sábado, 2 de marzo, poxa de gando frisón. A cita no mercado gandeiro a partir das 12:00 horas. Ver o programa





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias