El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Regueira destaca en Biocultura o apoio da Deputación ás iniciativas de turismo sostible da provincia

02-03-2024 16:39:47
Xosé Regueira.

REDACCIÓN | Continúa a quinta edición de Biocultura, feira de ecoturismo que conta co apoio da área de Turismo da Deputación, “como un aliado estratéxico, pois compartimos valores e obxectivos no eido do turismo sustentable”, apunta o vicepresidente e deputado de turismo, Xosé Regueira.  


Apoio da Deputación a proxectos turísticos sostibles 

Durante a xornada de onte, Regueira participou nun dos actos da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, entregando os diplomas ás novas empresas certificadas na súa marca de calidade. Alí destacou o esforzo da entidade provincial na posta en valor das iniciativas de turismo sosible da provincia, e destacou o exemplo da Reserva da Biosfera: “sempre foi un modelo de boas práctias a imitar”. 

Dentro deste apoio inclúense tamén os entes de xestión dos diferentes xeo-destinos da provincia, “aos que axudamos a emprender plans de mellora da calidade e competitividade turística”. Nese sentido, “a Reserva da Biosfera da mariñas coruñesas e Terras do Mandeo sempre aproveita os recursos que lle ofrecemos magnificamente; á vista está”. 


Iniciativas postas en marcha pola Deputación  

Regueira fixo tamén referencia, como exemplo de estratexias de turismo sustentable, aos 5 Plans de Sustentabilidade Turística en Destino da Deputación, “que teñen moito a ver coa filosofía que se respira en cada centímetro deste evento: alianza co territorio, coas súas xentes, coas súas paisaxes, coa súa identidade e loita contra o cambio climático”. Estes ubícanse en diferentes partes da provincia, “estamos a executar plans no ámbito do Xeoparque de Ortegal, no Parque Natural das Fragas do Eume, na conca do Río Anllóns, no Patrimonio Histórico e Militar do Golfo Ártabro e na recuperación da primeira Vía Verde da provincia Santiago – Tambre – Lengüelle”, detallou. 

Outra da iniciativas de Turismo da Deputación que destacou o vicepresidente é a campaña turística e gastronómia “A provincia que sabe”; un selo de excelencia que inclúe a diferentes axentes da cadea agroalimentaria “que comparten con nós ese compromiso co territorio e coa súa identidade en canto á produción de alimentos e, por suposto, á súa transformación en bocados únicos”. 

O vicepresidente finalizaba así a primeira xornada de Biocultura, que continúa hoxe con diferentes actividades no stand de turismo da Deputación: degustacións, showcookings e ponencias para reflexionar e promover prácticas de turismo respetuosas coa contorna. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias