El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN DE LUGO

Viveiro prepárase para celebrar a súa Semana Santa Internacional co apoio da Deputación

07-03-2024 17:51:08
José Tomé Roca (d).

REDACCIÓN | O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, mantivo hoxe no Pazo de San Marcos un encontro coa Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, con motivo da Semana Santa da localidade, declarada de Interese Turístico Internacional dende o ano 2013. José Tomé destacou o compromiso da institución provincial co Concello na celebración desta cita relixiosa, á que achega 25.000 euros a través dun convenio de colaboración, pois “supón un revulsivo económico na provincia congregando a milleiros de visitantes nesta datas festivas”. 

Grazas á colaboración da institución, a Xunta de Confrarías volverá a contar coa carpa Antesala dun Museo, onde se exporán algúns dos pasos e as pezas de ourivería que sairán nas procesións polas rúas da cidade do Landro. A carpa, que abrirá as súas portas a vindeira semana, estará instalada como en anos anteriores na Praza de Jacinto Calvo, nas inmediacións da Igrexa de San Francisco.  

Loureiro agradeceu ao Presidente o incondicional apoio da Deputación cada ano, que permite ao Concello “seguir colaborando coa Semana Santa para contribuír a acadar unha maior dimensión e proxeción dun dos grandes reclamos turísticos da Mariña Lucense e de toda a provincia”. Neste senso, apuntou que a Semana Santa viveirense move eses días a unhas 40.000 persoas, “coa repercusión económica que isto supón, e consegue unha ocupación hoteleira no municipio do 100%”. 

A Semana Santa de Viveiro foi declarada no ano 2013 Festa de Interese Turístico Internacional, e é unha das celebracións relixiosas máis importantes e antigas de Galicia. Numerosos pasos, algúns articulados, de grande interese artístico procesionan polas rúas de Viveiro entre os que destacan o da Última Cea creado en 1808; o do Encontro acompañado das tallas da Virxe da Dolorosa, de San Juan e da Verónica; o Vía Crucis; ou a procesión da Soidade, conocida tamén como dos Caladiños que ten lugar na noite do Venres Santo acompañado de numerosos fieis con candeas encendidas no máis impresionante recollemento. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias