El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

A Deputación conmemora o 8M baixo o lema "Seguimos con todas e para todas"

Cun acto institucional no Pazo provincial con Fillas de Cassandra.

07-03-2024 19:04:46
Deputación de Pontevedra.

REDACCIÓN | O Pazo provincial da Deputación de Pontevedra será o escenario do acto central promovido pola institución provincial para conmemorar o 8M no que actuará Fillas de Cassandra. Será ás 11:00 horas, baixo o lema “Seguimos con todas e para todas”, e nel a presidenta da Asociación de Empresarias de Galicia, Susana Pérez, será a encargada de ler o manifesto institucional.  

No acto, que está aberto a toda a cidadanía de Pontevedra, daranse cita ademais do presidente e a responsable de Igualdade, Sandra Bastos, o resto de deputadas e deputados do Goberno, así como traballadoras e traballadores da institución provincial. Tralas intervencións terá lugar un acústico do grupo vigués Fillas de Cassandra, que interpretarán en directo as cancións “As Moiras”, “A veciña do cuarto”, “Antígona” e “Tataravoa”.  

Ademais, a xornada do 8 de marzo comezará coas sedes da Deputación en Pontevedra e en Vigo alumeadas de morado, unha iluminación que se acenderá esta noite e que permanecerá ata a mañá do vindeiro luns, 11 de marzo. Por outra banda, os edificios lucirán lonas e paneis deseñados para a ocasión pola ilustradora e ceramista Abi Castillo, cunha imaxe que reflexa a unha muller “empoderada, madura e con amplos brazos para acoller a xeracións presentes e futuras”. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias