El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN DE OURENSE

A Deputación propón para esta Semana Santa descubrir o patrimonio cultural e natural da provincia a través da "Vía da Prata"

08-03-2024 17:39:08
Vía da Prata-Camiño Mozárabe.

REDACCIÓN | A Deputación de Ourense propón para esta Semana Santa, do 26 ao 30 de marzo, descubrir o patrimonio cultural e natural da provincia a través do itinerario xacobeo “Vía da Prata-Camiño Mozárabe”. Esta proposta facilitará aos peregrinos a realización desta ruta por etapas e permitirá acreditar a “Compostela”. 

O programa, impulsado a través do Inorde, inclúe un servizo de autobús que partirá desde Ourense cada día para ir ao punto de inicio da etapa e retornará ao remate da xornada, con tramos de uns 20 quilómetros. 

Durante o traxecto, os peregrinos contarán cun guía especializado e unha parada a media etapa do autobús de apoio. O día da chegada a Santiago de Compostela disporán de tempo libre para visitar a Catedral ou o casco histórico, así como a Oficina do Peregrino. Ademais, prestarase asistencia para contar co “selo” diario da “Compostela” que acredita a peregrinación. 

A primeira etapa, que comezará o 26 de marzo, levará aos peregrinos de Ourense a Cea (21kms), desprazándose despois ata o mosteiro de Oseira para visitar este monumento, un dos grandes referentes patrimoniais do Camiño. A segunda etapa irá de Cea a Piñor, pasando por Castro Dozón ata Puxallos (22 kms). Ao seguinte día o tránsito será de Puxallos a Silleda (22kms); a cuarta etapa levaraos de Silleda a Vedra ou a Susana (23km/30km); e o 30 de marzo culminarase a peregrinación cun tramo de 10 quilómetros desde Susana ata Santiago. 

Os interesados poderán inscribirse de xeito individual ou por grupos en www.conocegalicia.es e para obter máis información poden contactar a través do e-mail info@conocegalicia.es ou do teléfono 988 253 359. O custe da inscrición é de 49 euros, tratándose dunha tarifa bonificada pola aportación do Inorde, organismo provincial encargado da promoción turística, xa que se trata dunha acción que pretende contribuír á divulgación deste itinerario xacobeo nun período no que gran parte da poboación local ou visitantes goza de tempo libre. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias