El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Un total de 45 candidaturas se presentan ás Residencias Mariñán de Música e Literatura e Pensamento

Se celebrarán o 14 de marzo a de música, e o 19 a de literatura e pensamento.

11-03-2024 10:10:17
Área de cultura da Deputación.

REDACCIÓN | As Residencias Artísticas Mariñán, promovidas pola área de cultura da Deputación, contaron este ano cun total de 45 propostas presentadas: 24 de música e 21 de literatura e pensamento. Os xurados, compostos por profesionais de recoñecido prestixio, escollerán os 8 proxectos seleccionados (4 de cada temática) en reunións que se celebrarán o 14 de marzo, a do xurado de música, e o 19 de marzo o de literatura e pensamento. 


Composición dos xurados  

O xurado das Residencias Artísticas Mariñán de música está composto por Carles Sala, coordinador de Fabra i Coats (Fábrica de Creación de Barcelona); Patricia Hermida, presidenta da AGEM (Asociación Galega de Empresas Musicais) e Carlos Crespo, xornalista musical. 

Pola súa parte, o de literatura e pensamento confórmano a poeta Yolanda Castaño Pereira, o escritor Iván García Campos e a filóloga e ensaísta María López Sández. Ambos están presididos pola deputada de Cultura e coa xefa da área, Mercedes Fernández Albalat como secretaria. 

Os catro proxectos do ámbito musical e os outros catro de literatura e pensamento gañadores desenvolverán a súa estadía no Pazo de Mariñán entre o 15 e o 26 de abril. Cada residencia terá unha duración máxima de seis días, no caso das musicais, e de doce, no caso das literarias e de pensamento. 

O obxectivo desta iniciativa, que puxo en marcha a área de cultura da Deputación no 2020, é apoiar ás creadoras e creadores centrando a axuda non so nas pezas ou nos resultados finais, senón tamén nos procesos creativos, nun espazo singular, como é o Pazo de Mariñán, e poñendo a disposición dos participantes todos os medios para desenvolver os seus proxectos con éxito e nas mellores condicións. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias