El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN DE OURENSE

A Deputación pon en marcha un proxecto para implicar aos concellos en accións innovadoras que contribúan a implantar a Axenda 2030

14-03-2024 15:01:23
O presidente provincial, Luis Menor (c).

REDACCIÓN | A Deputación de Ourense lanza o proxecto OU DS A2030, co obxectivo de implicar aos concellos da provincia en accións innovadoras nas que participen todos os axentes sociais e económicos ourensáns, para afrontar os retos futuros dun Ourense máis sostible, equitativo e cohesionado, contribuíndo así a implantar a Axenda 2030 tanto na propia Deputación como nos diferentes concellos. O proxecto enmárcase nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e a Axenda 2030 aprobados polas Nacións Unidas en setembro de 2015. 

O presidente provincial, Luis Menor, asistiu hoxe á posta en marcha deste proxecto, “co que iniciamos un camiño cara o futuro sostible das presentes e futuras xeracións de ourensáns, un eixo que debe vertebrar as actuacións políticas na provincia”. De feito, as accións a implementar serán desenvoltas tanto no seo da propia institución provincial como en concellos, facilitando este cambio de paradigma nas entidades locais. 

A Deputación aliñará os seus proxectos e políticas provinciais cos ODS e A2030, e apoiará a implantación de plans municipais nos concellos da provincia. Ademais, asume o compromiso de comunicar e difundir os retos que afrontan os ourensáns en todos os ámbitos da sociedade, organizando, entre outras, actividades entre escolares. Con todo iso, tamén se establece o obxectivo de crear unha guía que permita a todos e cada un dos entes locais de Ourense traballar en liña coa implantación de plans municipais nos seus respectivos territorios. 

A través desta iniciativa poñeranse ao servizo dos concellos ferramentas que lles axuden a executar accións en beneficio dun territorio máis sostible, equitativo e cohesionado, promovendo políticas públicas que impulsen actuacións nos 92 municipios da provincia. O proxecto OU DS A2030 nace co apoio financeiro do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030, mobilizando 159.135,88 euros. Este é, ademais, un dos 43 aprobados en toda España entre 629 presentados.


Mellora das condicións de vida

A Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible, aprobada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas e ratificada por 193 países, é un chamamento para erradicar a pobreza, a mellorar as condicións de vida da poboación e a conseguir a rápida transición cara a unha economía baixa en emisións de carbono e resiliente ao cambio climático. Concrétase en 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e en 169 fitos, como sistema para facelo posible. E interpela a gobernos, empresas, sociedade civil, sector educativo e cidadanía de todo o planeta para promover accións en cinco ámbitos: as persoas, o planeta, a prosperidade, a paz e as alianzas, en beneficio tanto da poboación actual como das xeracións futuras. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias