El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

O vicepresidente Rafa Domínguez participa na presentación da VII edición da Ultreia

14-03-2024 16:40:15
Presentación da VII edición da Ultreia.

REDACCIÓN | O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou hoxe na presentación da sétima edición da ‘andaina’ Ultreia, organizada pola Agrupación Deportiva HQR! en colaboración co Diario de Pontevedra. No acto, no que estivo acompañado do director xeral do Diario de Pontevedra, Antonio de Cora, e do xefe do servizo provincial de Deportes da Xunta de Galicia, Daniel Benavides, Domínguez aproveitou a ocasión para poñer en valor esta proba “que se presenta como un auténtico reto, pero tamén permite vivir unha xornada na que valores como a convivencia, o compañeirismo e a superación van da man en todo momento”. 

O vicepresidente provincial destacou que a Ultreia está “xa consolidada como unha cita de referencia na provincia, un evento que cada ano atrae a máis peregrinos chegados de todos os puntos da xeografía española. E non me estraña nada, porque se desenvolve nun escenario único e é unha experiencia 100% Rías Baixas”, e animou a todos os veciños da provincia a inscribirse, antes do 20 de marzo, “nunha ruta que bebe do espírito de superación e convivencia dos peregrinos na antigüidade”. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias