El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

A Deputación defende a importancia de "tender pontes entre todas as administracións para a igualdade"

15-03-2024 17:43:37
Foro As mulleres que opinan son perigosas.

REDACCIÓN | Reivindicar ás mulleres na comunicación e no xornalismo é o obxectivo do encontro “As mulleres que opinan son perigosas”, organizado pola Deputación de Pontevedra e o Concello de Pontevedra e que inaugurou hoxe no Teatro Principal de Pontevedra a súa sétima edición. A deputada provincial de Igualdade, Sandra Bastos; a concelleira de Igualdade, Anabel Gulías, e as coordinadoras do foro, Diana López Varela e Susana Pedreira, foron as encargadas de abrir as xornadas, nunha conversa na que Bastos definiu o encontro como “un referente” e defendeu a importancia de “tender pontes entre todas as administracións para un obxectivo común: a igualdade”.  

Entre hoxe e mañá danse cita na sétima edición deste foro catorce profesionais de diferentes perfís, tanto de Galicia como do resto de España, que converten o Teatro Principal no punto de encontro para visibilizar e reivindicar o espazo que as mulleres merecen no xornalismo e nos ámbitos de poder e de opinión. “É moi importante escoitarvos e que haxa máis referentes como todas as mulleres que van estar nestas xornadas”, asegurou Sandra Bastos.  

Na inauguración, a responsable provincial de Igualdade reiterou o apoio da Deputación, “aquí estamos, estivemos e estaremos”, e a importancia de “aprender, escoitar e abrirse á igualdade máis ampla, máis cordial. E defendendo realmente ese termo en todos os ámbitos”. Desde que comezou “As mulleres que opinan son perigosas” en 2018 xa pasaron por este encontro 75 profesionais do xornalismo e da comunicación, converténdoo nunha marca de referencia no xornalismo de opinión de toda España.  


14 poñentes en dúas xornadas  

Despois da inauguración de “As mulleres que opinan son perigosas”, esta mañá foi a quenda de Carolina Sertal e Carmen G. Magdaleno, gañadoras do I Premio de Opinión #MulleresQueOpinan, e de Lula Gómez, guionista, podcaster e realizadora audiovisual. Pola tarde subirán ao escenario do Teatro Principal Nercedes Corbillón, de Diario de Pontevedra e La Voz de Galicia; Jazmín Abuín, xornalista, cómica e actriz, Diana Oliver, xornalista especializada en maternidade, infancia e saúde, e Lucía Méndez, de El Mundo.  

A xornada de mañá comezará ás 12:00 horas con Ana G. Liste, de praza.gal e continuará con Patricia Fernández de Lis, redactora xefa en El País e directora de Materia, e Isabel Cadenas Cañón, xornalista, escritora e documentalista sonora. Xa pola tarde será a quenda de Claudia Morán, de Nós Diario; Noor Ammar Lamarty, activista xurídica e podcaster; Mariola Cubells, de La Ventana da Cadena SER e Huffington Post, e Olga Viza, xornalista e presentadora de televisión, que porá o broche de ouro a esta sétima edición falando de xornalismo deportivo. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias