El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN DE LUGO

A Deputación convoca o Programa para a Dotación e Mellora de Servizos Comunitarios 2024

Unha liña de axudas de 300.000 euros para as asociacións.

15-03-2024 17:59:12
Pilar García Porto.

REDACCIÓN | A Xunta de Goberno aprobou hoxe unha nova convocatoria do Programa para a Dotación e Mellora de Servizos Comunitarios, correspondente a este ano 2024. Trátase dunha liña de axudas por 300.000 euros que a Deputación de Lugo ofrece por terceira anualidade consecutiva ás entidades asociativas dos 67 concellos da provincia para financiar obras no rural, en vías, accesos, locais, traídas de auga ou fontes e espazos públicos comunais, “que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e, desta forma, axuden a fixar poboación”, subliñou a Voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto.  

O prazo de solicitude das axudas, que oscilarán entre os 1.000 e os 6.000 euros, abrirase a partir da vindeira semana, unha vez que se publiquen as bases no Boletín Oficial da Provincia (BOP).  

Como en convocatorias anteriores, poderán optar entidades asociativas tales como asociacións e agrupacións de veciños e veciñas, comunidades de usuarios e usuarias de augas, comunidades de montes, ou asociacións de gandeiros, agricultores ou produtores forestais da provincia, para realizar investimentos en inmobles ou equipamentos, e para fomentar e dinamizar o asociacionismo veciñal.  

García Porto puxo como exemplo algunhas das iniciativas que se fixeron o ano pasado a través deste programa, a través do cal a Deputación apoiou os proxectos de medio cento de entidades: arranxos do firme en camiños e accesos, rehabilitación de fontes, reparación de lavadoiros e sistemas de abastecemento ou acondicionamento de locais sociais. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias