El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Conchi Basilio
José Manuel López García
Internacional

POLÍTICA | BNG

Ana Miranda comprométese coa xuíza María de Servini a seguir loitando na Eurocámara contra a impunidade do franquismo

21-03-2024 16:49:32
Ana Miranda (c), eurodeputada do BNG.

REDACCIÓN | A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, visita Bos Aires e Montevideo nunhas intensas xornadas de traballo que inclúen un encontro coa xuíza María de Servini, instrutora da “Querela arxentina contra o franquismo” –a única que permanece aberta- que impulsa CEAQUA, así como diversos encontros coas colectividades galegas, co obxectivo de abordar a situación actual dos centros galegos e as súas principais inquedanzas. 

No encontro que a eurodeputada do Bloque e os integrantes da delegación da Coordinadora Estatal de Apoio  á Querela Arxentina (CEAQUA), mantivo coa xuíza María de Servini, Miranda comprometeuse a seguir loitando na Eurocámara contra a impunidade do franquismo. Así, na súa intervención a eurodeputada galega explicoulle á xuíza o contexto europeo de avance da extrema dereita, así como a loita cívica desenvolvida para acadar a devolución do Pazo de Meirás. 

Igualmente, eurodeputada galega subliñou  o valor dos e das integrantes de CEAQUA pola súa inquebrantable loita así como o papel da xuíza Servini e o seu equipo para que a querela arxentina siga aberta, xa que neste día estanse producindo novas testificais por parte das vítimas. Por outro lado, puxo de releve tamén que desde o Parlamento Europeo se siga defendendo o dereito internacional e se lle siga dando voz a todas as vítimas nas institucións.  

No marco da loita pola memoria histórica Ana Miranda manterá un encontro coas Madres de Praza de Maio (Liña Fundadora), ás que trasladará todo o recoñecemento e apoio por parte do BNG no seu constante esforzo na loita pola memoria e na restitución dos nenos e nenas roubados durante a ditadura arxentina.


Manter a lingua e a cultura galega

No tocante ás reunións previstas coa colectividade galega, a axenda da eurodeputada do BNG comezou cunha visita ao Colexio Santiago Apóstol e a súa directiva, encabezada por Carlos Brandeiro. “Para o Bloque é fundamental manter esta relación estreita coa colectividade galega que tanto esforzo fai, e que fai con tanto agarimo e dedicacións, por manter a nosa lingua e a nosa cultura na Galiza Global”, destacou Miranda, quen lembra que o alumnado do Colexio Santiago Apóstolq, arredor de 500, reciben clases de lingua e literaturas galegas en todos os niveis de ensino. A axenda de Ana Miranda continuará con reunións co resto da colectividade galega en Bos Aires e en Montevideo para abordar as principais preocupacións dos galegos e galegas na diáspora. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias