REDACCIÓN | A Deputación acaba de aprobar en Xunta de Goberno destinar preto de 1,12 millóns de euros para que 9 concellos da provincia impulsen novos investimentos, afronten gasto corrente e contraten a 37 persoas ao abeiro das tres primeiras liñas do Plan +Provincia. Benefícianse destes recursos A Cañiza, A Estrada, Cerdedo-Cotobade, Dozón, Forcarei, Moaña, Mondariz, Ponteareas e Redondela. Con este novos recursos, como explicou o presidente provincial, Luis López, son xa uns 12 millóns os aprobados ao longo deste ano ao abeiro deste plan para os concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes.
No marco da liña 1, de investimentos, a Xunta de Goberno aprobou 565.000 euros para cinco concellos: A Cañiza, Dozón, Mondariz, Ponteareas e Redondela. Desta maneira, Redondela recibirá 202.840 € para a pavimentación e mellora da estrada do Outeiro de Reboreda; A Cañiza 81.622 € para o proxecto de xeración eléctrica fotovoltaica para uso da piscina municipal, e Mondariz 76.070 € para a ampliación do saneamento no barrio do Cruceiro. Ademais, Dozón contará con 118.282 € para a rehabilitación de edificio para uso sociocultural no Castro de Dozón, e Ponteareas 86.900 € para o acondicionamento e ampliación de edificio público para ludoteca. Estes dous últimos proxectos serán financiados ao 100% pola institución provincial, a través de diferentes mecanismos provinciais de axuda.No caso da liña 2, de gasto corrente, o presidente provincial informou que a Xunta de Goberno da Deputación acaba de aprobar 216.943 euros para os concellos da Estrada e Cerdedo - Cotobade. En concreto, A Estrada recibe 146.900 euros para o XV Campus deportivo de verán 2024 (51.000 €), Estrada escena (30.900 €), a 50ª Festa do Salmón (22.000 €), Adventure Galicia (14.700 €), o Ciclo ruralizarte 2024 (8.100 €), as feiras cabalares de Pascua e San Martiño (5.900 €) e a XXVIII Subida A Estrada 2024 (5.400 €). No caso de Cerdedo-Cotobade, os 70.043 euros aprobados irán destinados á Iluminación e decoración de Nadal en Cerdedo – Cotobade 2024 (16.200 €), música en Cerdedo – Cotobade 2024 (12.990), teatro en Cerdedo – Cotobade 2024 (10.591 €), excursións en Cerdedo – Cotobade 2024 (5.000 €), festas do neno en Cerdedo – Cotobade 2024 (4.488 €), San Xoán en Cerdedo – Cotobade 2024 (4.433), Entroido Infantil en Cerdedo – Cotobade 2024 (3.955 €), Transgalaica Cerdedo – Cotobade 2024 (3.630 €), Nadal infantil en Cerdedo – Cotobade 2024 (3.256 €), Campionato galego de Kickboxing Cerdedo – Cotobade 2024 (3.000 €) e Torneocup de fútbol base Cerdedo – Cotobade 2024 (2.500 €).
Por último, ao abeiro da liña 3, de activación de emprego, a institución provincial aproba 340.182 euros para a contratación de 37 persoas desempregadas nos concellos de Moaña e Forcarei. En concreto, Moaña recibirá 210.839 euros para contratar a 28 traballadores como peóns de medio ambiente – forestal (6), limpadores (6), peóns especialistas xardineiros (4), peóns de obra pública (3), conserxes (3), peóns xardineiros (2), oficial albanel (1), oficial electricista (1), oficial enterrador (1) e oficial condutor (1). Pola súa banda, Forcarei contará con 129.342 € para condutores de tractor (2), peóns forestais (2), peóns de obras públicas (2), peón de recollida de lixo (1), oficial de 1ª albanel (1) e oficial de 1ª albanel (1). Departamento de comunicación