El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación leva "A provincia que sabe" ao Galicia Fórum Gastronómico

O evento se celebra do 7 ao 9.

05-04-2024 11:27:29
A Deputación, no Galicia Fórum Gastronómico.

A CORUÑA | A Deputación da Coruña estará presente de novo no Galicia Fórum Gastronómico, que se celebra na cidade da Coruña do 7 ao 9 no recinto ferial de Expocoruña, onde presentará a súa campaña turística e gastronómica “A provincia que sabe”, que identifica a excelencia da cadea agroalimentaria de todos os recunchos da provincia. O domino, ás 11:30 horas, celebrarase o acto inaugural, no que participará o vicepresidente da Deputación e deputado de Turismo, Xosé Regueira. 

Durante os tres días que dura o Galicia Fórum Gastronómico a área de turismo provincial ofrece unha programación protagonizada por produtores e produtoras locais, e chefs de referencia da provincia: mostras de produtos, degustacións, vermús, catas, presentacións e showcookings son algunhas das actividades que se levarán a cabo no stand da Deputación, que darán a coñecer ao público a gran diversidade gastronómica que hai ao longo da provincia. 

A Deputación aportará ao evento a presenza de chefs e restaurantes de toda a provincia, que deleitarán ao público cos seus showcookings: o restaurante A Horta do Obradoiro (Santiago de Compostela) con Kike Piñeiro e Eloy Cancela; A Tafona (Santiago de Compostela) con Lucía Freitas; o Restaurante Mar de Ardora (Cabana de Bergantiños) con Marisol Martínez Mato; o restaurante Carrumeiro (Corcubión) con Rafael Fuentes; o restaurante Albatros (Outes) con Manuel Neiro; o restaurante Espazo Abella (Santiago De Compostela) con André Arzúa; a taberna O Lambón (Carballo) con Xusto Posse e Marcos Silva; e Xearte Brigitte, con Bríxida Hermida (xeadeira). 

Ademais, o stand da entidade provincial será unha posta en valor dos produtos locais galegos, contando con diversos produtores como é o caso de Choiva Viños (A Coruña), Bodegas Lodeiros (Santiago de Compostela), Apia Natura (Oza-Cesuras), A Despensa D’Lujo (Coristanco), Cafés Lúa (Carballo), Casa da Avoa (Outes), Pandejuevo (Cee) e Xearte Brigitte (Santiago de Compostela). 

Unha vez máis, a área de turismo da Deputación da Coruña exhibirá os saberes e sabores da provincia, a través de “A Provincia que sabe”, no Galicia Fórum Gastronómico: o maior evento gastronómico profesional do norte de España. Desde o seu nacemento, no ano 2008, converteuse nunha plataforma de lanzamento e promoción do talento dos mellores cociñeiros galegos, ademais de ser un foro de formación e renovación culinaria. 

Durante a súa celebración atrae á provincia numerosos visitantes chegados desde distintas partes do país, con máis de 22.000 visitantes, 200 expositores e máis de 30 estrelas Michelín. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias