El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Economí­a

GALICIA | REHABILITACIÓN ENERXÉTICA DE VIVENDAS

Galicia quere mellorar a súa eficiencia enerxética

A través de diferentes programas e liñas de incentivos, o Instituto Galego da Vivenda e Solo destinou preto de 140 millóns.

03-05-2024 00:59:52
Rehabilitación de inmobles

REDACCIÓN | A Xunta leva anos promovendo e apostando pola rehabilitación de inmobles destinados a usos residenciais, tanto a través de actuacións directas destinadas a reforzar o actual parque público de vivendas, como da concesión de axudas económicas a particulares, comunidades veciñais e promotores. 

De feito, este desafío da Comunidade galega foi o motivo para impulsar a primeira Lei de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia -aprobada en abril do ano 2019- co reto de situar a Galicia no desenvolvemento do país nesta materia. 


Programa Next GenerationUE 

No campo da rehabilitación residencial, Galicia foi unha das comunidades que mellor aproveitou a oportunidade que supuxeron os fondos europeos do programa NextGenerationUE destinados á vivenda. A través de diferentes programas e liñas de incentivos convocados desde 2022, o Instituto Galego da Vivenda e Solo destinou preto de 140 millóns de euros a conceder axudas a propietarios particulares, comunidades de veciños e concellos para rehabilitar co fin de mellorar a eficiencia enerxética de preto de 24.000 vivendas no conxunto de Galicia. 


Nova convocatoria para rehabilitación enerxética 

Ante o éxito destas axudas, que se resolveron ademais nos dous últimos anos cunha elevada porcentaxe de execución, a Xunta ten previsto publicar en 2024 unha nova convocatoria dos programas para rehabilitación enerxética a nivel de edificio, a nivel de vivenda e para a redacción de proxectos e do libro do edificio, cun orzamento inicial de 37 millóns de euros. 


Programa Rexurbe 

Por outra banda, púxose en marcha o chamado programa ‘Rexurbe’, concibido para a compra de inmobles abandonados e solares baleiros localizados en centros históricos co fin de rehabilitalos e destinar as vivendas resultantes a alugueiro a prezos accesibles. 

Ademais, e en desenvolvemento dunha das figuras introducidas pola Lei de rehabilitación, a Xunta xa declarou un total de sete Áreas Rexurbe no conxunto de Galicia coa finalidade de facilitar a recuperación de conxuntos históricos declarados Bens de Interese Cultural (BIC) a través da aposta por combinar e concentrar os recursos para que cheguen alí onde máis se necesitan, posibilitando á vez a combinación de diferentes instrumentos de financiamento público-privado.  

Por este motivo realízase esta postura por combinar e concentrar os recursos para que cheguen alí onde máis se necesitan, posibilitando á vez a combinación de diferentes instrumentos de financiamento público-privado. 

Son, en concreto, as de Mondoñedo, A Coruña e Ribadavia, aprobadas no ano 2020; a de Tui, en 2021; as de Ribadeo e Ferrol, aprobadas un ano despois; e a máis recente de todas, a de Betanzos, declarada oficialmente en 2023. Son, en concreto, as de Mondoñedo, A Coruña e Ribadavia, aprobadas no ano 2020; a de Tui, en 2021; as de Ribadeo e Ferrol, aprobadas un ano despois; e a máis recente de todas, a de Betanzos, declarada oficialmente en 2023.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias