El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

A Deputación abre este venres o prazo para que confrarías e agrupacións de mariscadoras soliciten axudas

09-05-2024 12:13:42
O venres abre o prazo para solictar as subvencións.

REDACCIÓN | A Deputación de Pontevedra abre este venres, 10 de maio, o prazo para que confrarías de pescadores, federacións de confrarías e agrupacións de mariscadoras poidan solicitar as subvencións para afrontar novos investimentos e gastos correntes. As axudas, dotadas cun orzamento de 250.000 euros, divídense en dúas liñas: a de investimentos, con 75.000 euros, e a de gastos correntes, que contará con 175.000 euros para afrontar gasto corrente, atendendo así ás necesidades e demandas formuladas polo sector.  

Deste xeito, con estes 175.000 euros de gasto corrente, as confrarías de pescadores, federacións de confrarías e agrupacións de mariscadoras poderán facer fronte ás facturas de combustible e electricidade, á adquisición de semente de moluscos bivalvos e ao gasto de persoal.  Por outra banda, o importe restante desta liña de axudas da Deputación ata completar os 250.000 euros, 75.000 euros, permitirá que estas entidades poidan impulsar novos investimentos como elementos de transporte, construcións, mobiliario, formación técnico ou material de vixilancia. 

Cabe destacar que a porcentaxe máxima subvencionable será do 80% do orzamento total, ata un máximo de do orzamento de gastos de 40.000 euros e un importe da subvención mínimo de 600 euros e máximo de 20.000 euros. As solicitudes poden presentarse a través da Sede electrónica da Deputación ata o 7 de xuño, e nas bases da convocatoria pode consultarse a documentación que é preciso achegar en cada unha das liñas. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias