El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Conchi Basilio
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación impulsa con 650.000 euros a actividade das confrarías de pescadores e agrupacións marisqueiras da provincia

17-06-2024 11:52:34
Valentín González Formoso.

REDACCIÓN | A Deputación da Coruña concede 649.532,97 euros en axudas ás confrarías de pescadores e agrupacións pesqueiras da provincia para o fomento da súa actividade e a promoción dos seus produtos. 

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe a resolución pola que se aproba a concesión definitiva de “subvencións correspondentes ao programa FO027A: convocatoria do programa de subvencións de fomento pesqueiro dirixido ás confrarías de pescadores e agrupacións de mariscadoras da provincia da Coruña para actividades durante o ano 2024”. 

As axudas incrementáronse un 30% con respecto ao ano anterior, pasando de 500.000 euros a case 650.000 euros, co obxectivo de apoiar non só as actividades, funcionamento e contratación de servizos dos pósitos, senón tamén as festas de exaltación de produtos pesqueiros de proximidade, atendendo así unha das demandas do sector. Este ano, as axudas que recibirá cada confraría oscilan entre os 5.100 e os 25.000 euros que poden destinar á contratación de persoal, adquisición de sementes de moluscos, aluguer de maquinaria ou equipamentos necesarios para o desenvolvemento das actividades de confrarías, lonxas ou fábricas de xeo ou contratación de servizos externos, como a vixiancia. 

A deputada provincial e presidenta da comisión de Mar e Medio Rural, Cristina Capelán, mantivo varias reunións coas confrarías da provincia nos últimos meses para recoller de primeira man as súas demandas e necesidades e plasmalas nestas axudas. De feito, a deputada lembrou “a importancia social e económica que os sectores pesqueiro e marisqueiro teñen na provincia da Coruña, onde xeran miles de empregos”. 

“Desde a Deputación queremos seguir apoiando a un sector estratéxico na nosa provincia”, apuntou a Capelán, que destacou que “as axudas chegan á práctica totalidade dos pósitos da provincia e supoñen unha axuda fundamental para o seu funcionamento”.. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias