El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Cultura da Deputación presenta "POLDRA: Literatura Expandida"

23-07-2024 16:41:13
Presentado POLDRA: Literatura Expandida.

A CORUÑA | A área de cultura da Deputación da Coruña presentou hoxe ‘POLDRA: Literatura Expandida’, un proxecto que “expande” a literatura de autores e autoras de todas as partes do mundo, para trasladala a diferentes espazos en concellos de toda a provincia. 

Así o anunciaron esta mañá a deputada de cultura, Natividade González; a poeta e comisaria do proxecto, Yolanda Castaño, e a escritora e editora dominicana, Bileysi Reyes. “Queremos que a obra de grandes figuras literarias de todo o mundo se expanda por toda a provincia: iso é a literatura expandida de Poldra”, destacou a deputada. 

A primeira das 12 actividades terá lugar hoxe ás 18h en Santa Cruz, na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro, onde Bileysi Reyes impartirá un taller sobre literatura dominicana. 

Natividade González referiuse a POLDRA como “un exemplo máis do compromiso desta administración coa cultura, con esa visión que defendemos, que parte da nosa identidade e que é transformadora, social, aberta, participativa, diversa e ampla”. E, engadiu, “a cultura é un dereito, que debe estar en cada recuncho, territorio e espazo das nosas vidas”. 

A escritora Bileysi Reyes afirmou sentirse “privilexiada” por “estar na provincia da Coruña, e participar neste proxecto que me permite expandir a literatura dominicana, descoñecida incluso en Lationoamérica”. Ademais, agradeceu á Deputación da Coruña a “oportunidade” e a acollida, “unha non se sinte lonxe a pesar de estar a máis de 6.000 km da casa”. 

Pola súa parte, Yolanda Castaño amosou a súa “felicidade” de formar parte deste proxecto. “Para nós é un orgullo traballar da man da área de cultura da Deputación”, apuntou, “nunha iniciativa beneficiosa para as comunidades lectoras de diferentes puntos da Coruña que se poden enriquecer coas obras literarias de todo o mundo, e tamén para os autores e autoras, que se empapan da nosa cultura, coñecendo a xeradores de arte, espazos e a nosa diversidade e riqueza”. 

E, rematou, “POLDRA remite enerxía, e forza feminina, capaz de transportar augas como as eguas novas, pero á vez nos remite a un sólido punto de apoio, que nos facilita o traspaso a outra beira, a outros lados da provincia”. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias