El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Conchi Basilio
José Manuel López García
Cartas al Director
Economí­a

GALICIA | TURISMO

A Xunta impulsa melloras en 145 establecementos turísticos cun investimento de 3,5 millóns

26-07-2024 11:26:32
Imaxe de arquivo dun aloxamento.

REDACCIÓN | O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da convocatoria de axudas de 3,5 millóns de euros que sufragan as actuacións de accesibilidade, dixitalización ou modernización que fagan os establecementos turísticos galegos, tanto de aloxamento como de restauración, e das que se benefician este ano un total de 145 establecementos turísticos. 

As subvencións convocadas por Turismo de Galicia concedéronse en réxime de concorrencia competitiva e foron beneficiarios un total de 46 restaurantes e 99 establecementos de aloxamento. Por provincias, na de A Coruña benefícianse 44 negocios turísticos (21 aloxamentos e 23 restaurantes), na de Lugo a cifra é de 14 (10 aloxamentos e 4 restaurantes), na de Ourense foron cinco (2 aloxamentos e 3 restautantes) e en Pontevedra a cifra é de 82 (66 aloxamentos e 16 restaurantes). 

Esta liña de axudas enmárcase no traballo da Xunta de Galicia por apostar por apoiar ao sector turístico na mellora e actualización dos seus establecementos e afondar así na calidade do destino. Entre os proxectos presentados sufráganse, entre outras actuacións, as que estean destinadas a mellorar as condicións de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas. Tamén obras que melloren as instalacións coa finalidade de obter certificacións de calidade, en especial o Q de Calidade Turística ou actuacións que permitan a adaptación ás modificacións normativas e á mellora da clasificación do establecemento que supoñan un incremento de categoría.


Aforro enerxético

Esta liña de axudas tamén sufraga as actuacións de renovación e modernización das instalacións e embelecemento do contorno da instalación, equipamentos mobles necesarios para o funcionamento, obras de climatización que favorezan a sustentabilidade coa implementación de medidas de aforro enerxético, así como a instalación ou mellora de sistemas de extracción e renovación do aire.  

Tamén inclúe tamén actuacións de dixitalización dos sistemas de xestión e comercialización do establecemento, e a adaptación dos sistemas de seguridade e saúde na prestación de servizos. 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias