El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

O Festival da Luz contará cun espazo da Deputación

Con Mercado artesanal e gastronómico, zona Showcooking e escenario propio.

21-08-2024 14:00:12
Mercado Deputación da Coruña.

REDACCIÓN | A Deputación da Coruña volverá contar cun espazo propio no emblemático Festival da Luz (Boimorto), onde instalará o ‘Mercado Deputación da Coruña’, no que a entidade provincial promocionará, durante os días 24 e 25 de agosto, os produtos locais de gastronomía e de artesanía, e onde haberá tamén unha zona para showcookings e un escenario propio onde se desenvolverán diferentes actividades lúdicas e culturais para todos os públicos.  


Mercado da Deputación da Coruña 

O vindeiro sábado, de 11:30 a 00:30 horas, e o domingo, de 11:30 a 21:30 horas, poderase visitar, no Festival da Luz, o ‘Mercado’ da Deputación, no que participan preto dunha trintena de produtores locais agroalimentarios e de artesanía. Os produtores agroalimentarios son A Conserveira; Bonilla a la vista; Casa da Avoa; Cafés Lúa; Galmesán; O forno de Guísamo; Pandejuevo e Raizame. 

Pola súa banda, os artesáns participantes son Rocigarcía; Jorge Eiroa García; O Carabel Ecocestos; Susana Anta; A Castrexa; Silvereira; Jatafarta; D Rositas; Devalo; Ferraxe de prata; Comeluz Artista; Longa vida Handmade; Noga Arts; Vacatola; Moira; Deixa! Crecións; Carmela mola; Amor ó teu; Pepiña medias longas; Regos e María Viqueira. 


Showcookings 

Dentro do mercado haberá tamén un espazo para os showcookings ó cargo do chef de Espazo Abella (Santiago de Compostela), André Arzúa, que ofrecerá dous pases cada día: ás 13:00 e ás 17:00 horas o sábado, e ás 13:00 e 15:00 horas o domingo. O sábado cociñará ceviche de rodaballo e allo branco con virutas de picaña curada, e o domingo ceviche de linguado e tartar de tomates darredor con aromáticas e caviar cítrico.  


Escenario da Deputación da Coruña 

Ademais, a entidade provincial contará cun escenario propio con actividades para todos os públicos. O sábado haberá un concerto punkinfantil de Peter Punk e Brais das Hortas; un monólogo de Víctor Grande e as actuacións de Gin TONI’s; Ruxe Ruxe e DJ Nyan Boy. E, o domingo, as actuacións da banda infantil Suzikiños “Let’s Folk” e de Teatro Urdidme, que interpretará ‘Muiñada’, e os concertos de Capital Voscov, Caamaño&Ameixeiras e Ortiga.  

A Deputación exhibe así, no escaparate que representa o Festival da Luz, o traballo de diferentes produtores e produtoras agroalimentarios e artesáns e artesás da provincia: un obxectivo que se plasma na súa campaña turística e gastronómica “A provincia que sabe”, presente en múltiples feiras e eventos. E, ao mesmo tempo, colabora con este evento de referencia, promovendo actividades culturais para todos os públicos. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias