El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN DE OURENSE

A Deputación mobiliza 427.000 euros para a cooperación con municipios e entidades da provincia de Ourense

09-09-2024 15:51:39
Reunión da Deputación de Ourense.

REDACCIÓN | A Xunta de Goberno da Deputación Provincial vén de celebrar a súa sesión ordinaria semanal, onde se aprobou mobilizar un total de 426.954,8 euros para a cooperación con municipios e diversas entidades da provincia de Ourense. 

Deste xeito, un total de 315.500 euros serán destinados a achegas para iniciativas empresariais, sociais, de enoturismo, deportivas e culturais. Así, a Asociación Ruta do Viño de Valdeorras recibirá 30.000 euros para un convenio colaborador de apoio á Ruta das Covas; Escena Sonora Producción Cultural S.L. recibirá 7.500 euros para a organización de “Xoldra Aguiar”; a Asociación de Empresarios do Polígono Barreiros obterá 15.000 euros para gastos de funcionamento, mesmo concepto polo que o Clúster da Pizarra de Galicia recibirá 60.000 euros.  

Para a Copa Deputación, a delegación en Ourense da Federación de Fútbol recibirá 70.000 euros. A Fundación Monte do Gozo-Proxecto Home Galicia percibirá 20.000 euros para gastos de funcionamento, mentres que a Fundación Ferias y Exposiciones de Ourense (Expourense), obterá 75.000 euros para a actuación “Tras Fondo”, consistente na restauración dunha edificación auxiliar, mediante a consolidación da estructura e a envolvente da construción, na parte posterior do edificio principal. A Organización da “Arnoia SUP Challenge” de paddle surf e a da Proba OCR Xinzo obterán 15.000 euros cada unha para estas probas deportivas. A Asociación Cabalo Puzo do Lago percibirá 3.000 euros para os gastos de organización da XXXVI Festa do Cabalo. Por último, o Museo da Limia será beneficiario dunha axuda de  5.000 euros para realizar melloras no Museo Etnolóxico da Limia.  

No que atinxe á cooperación cos municipios, a Xunta de Goberno asigna 111.454,8 euros, dos que 11.954,80 euros están destinados á conservación e mantemento de instalacións deportivas do Concello de Celanova, municipio que tamén obtén 12.100 euros para a adquisición e subministración de farois para a Festa da Ramallosa. O Concello da Peroxa disporá de 5.000 euros para o “Plan piloto de comunidades enerxéticas”, mentres que o Concello de Bande recibirá 12.400 euros para o cofinanciamento dos proxectos de Forno-A Granxa e de mellora de camiños.  

O Concello de Larouco recibirá unha achega de 50.000 euros para pavimentación e creación de pistas de petanca na contorna do pavillón municipal. Por último,  o Concello de Riós será beneficiario dunha axuda provincial de 20.000 euros para reparacións e sinalización viaria en vías municipais deste municipio. 

Por último, e a petición do Concello de A Teixeira, aprobouse o cambio de destino de 4.929,82 euros e de 7.887.02 euros correspondentes ao vixente Plan de Cooperación CooperOU.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias