El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Elena Espinosa: "A Xunta non pode normalizar o trato de favor con empresas relacionadas co círculo familiar de Feijóo"

10-09-2024 13:27:54
Elena Espinosa.

REDACCIÓN | A viceportavoz do Grupo Socialista, Elena Espinosa, advertiu hoxe que “a Xunta non pode normalizar o trato de favor con empresas relacionadas co círculo familiar de Feijóo”. Así o dixo no debate para constituír unha Comisión de Investigación no Parlamento sobre as irregularidades nos contratos con Eulen, así como o sobre custe de 470 millóns na construción do Hospital Álvaro Cunqueiro e a falla de controis nos contratos de emerxencia durante a covid.  

Espinosa reclamou ampliar a investigación á contratación ás empresas do Grupo Eulen diante dos “indicios de trato a favor” e do uso abusivo da contratación directa para beneficiar a esta empresa, na que a irmá do anterior presidente da Xunta vén ocupando cargos de responsabilidade. esixiu hoxe “responsabilidade política, transparencia, ética pública e honestidade” na xestión da Xunta porque “os galegos merecen coñecer a verdade”.  

Reclamou que a investigación parlamentaria analice o sobre custe de 470 millóns de euros na contratación prevista do Hospital Álvaro Cunqueiro “para beneficiar a un fondo de inversión estranxeiro” que vén de denunciar o Consello de Contas. Lembra que a decisión de Feijóo, con Rueda daquela como “man dereita” no goberno galego, de mudar o proxecto a fórmula público – privada resultou “nefasta para as arcas públicas”, ademais de opaca e chea de irregulariddes.  

A xestión do PP, dixo, “non foi a máis eficiente economicamente, alongou o endebedamento ata 2035”, ademais de ser máis cara e con menos capacidade que o proxecto inicial porque “primaron o interese privado sobre o interese público”. Advertiu que esta modalidade de contratación tamén afectou ao Meixoeiro e o Nicolás Peña, malia que Contas sinala que carecen de soporte legal.  

Sinalou ademais que os contratos de emerxencia asinados pola Xunta durante a emerxencia covid, nos anos 2020 e 2021 tamén deben ser fiscalizados porque “faltou transparencia e fallaron ou non existiron controis de contratación de emerxencia”, situando a Galicia “á cola da transparencia” do Estado. Lembrou que o 30 por cento dos expedientes de contratación analizados na Comisión de Investigación do Congreso corresponden a Galicia. 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias