El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

SANTIAGO

Santiago de Compostela acolle a Creafogar

O primeiro evento efémero de interiorismo con marcas galegas.

10-09-2024 13:45:01
Presentado Creafogar.

REDACCIÓN | A cidade de Santiago será o escenario de Creafogar, un evento innovador no que participan máis de 150 marcas galegas. A presentación oficial tivo lugar nunha rolda de prensa organizada polas interioristas Almudena Rodríguez, DenaDinteriores, e Beatriz Barril, Spacio-B. A casa de Creafogar, na Rúa Nova 24, abrirá as súas portas o 20 de setembro, cunha duración de 20 días, e reunindo a destacados profesionais do deseño, a artesanía e a construción de Galicia nun espazo único, impulsado pola Xunta de Galicia, Galicia Calidade, Artesanía de Galicia, Consello de Santiago, Axenda Urbana 20-30, Universidade de Santiago e Woman Emprende.  

Na cita, estiveron presentes Santiago Boquete Sanluis, Subdirector Xeral de Servizo Público de Emprego de Galicia da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, María Rozas Pérez, Concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude e Eva López Barrio, Xerente do programa “Woman Emprende” da Universidade de Santiago de Compostela, subliñando a importancia de iniciativas como Creafogar.  

Na rolda de prensa, comunicouse o contexto no que nace Creafogar, un punto de encontro para todos aqueles interesados no deseño, a artesanía e a cultura galega, marcando un antes e un despois no panorama do interiorismo en Galicia. Santiago Boquete Sanluis, Subdirector Xeral de Servizo Público de Emprego de Galicia da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, destacou a importancia de impulsar e participar en eventos de esta índole: “Dende a Xunta de Galicia apoiamos dende o inicio a iniciativa de Creafogar pola súa relevancia e a posta en valor que se fai da formación sectorial, os oficios tradicionais e artesania en clave galega”. 


As promotoras 

Almudena Rodríguez da firma DenaDinteriores e Beatriz Barril da firma Spacio-B poñen en marcha a I Edición de Creafogar. Dúas interioristas acreditadas polo selo Artesanía de Galicia que, con máis de 20 anos de experiencia no sector, deseñarán “en clave galega” o interiorismo de toda a vivenda, ademais de coordinar ós diferentes creadores e gremios da construción participantes no evento.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias