El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Pontón: "A política de acoso e derribo do PP pon en risco a supervivencia do galego"

11-10-2024 14:11:49
Ana Pontón.

REDACCIÓN | A portavoz nacional, Ana Pontón, destacou que os datos do informe do IGE mostran que as políticas lingüicidas do PP están facendo que o galego se perda entre as novas xeracións, colocando a lingua propia nunha situación dramática: “Os datos confirman até que punto a política de acoso e derribo do Partido Popular contra o galego está sendo eficaz levándonos á unha situación na que está en risco a propia supervivencia do idioma”, denuncia a líder do BNG.“Son datos demoledores que deixan en evidencia como as políticas contra o   

galego do PP fan que cada vez haxa menos nenos e nenas e menos adolescentes que usen o noso idioma”, denunciou, “están atacando directamente o que máis une como sociedade que é a lingua propia de Galiza e que a maioría queremos que sexa non só a lingua que herdamos dos nosos avós, senón tamén a que usen os nosos fillos e netas”, indicou desde O Grove. 

O informe do IGE mostra a caída en picado do uso do galego tras a implantación do chamado decreto do plurilingüismo aprobado en 2010, en particular sobre a primeira xeración de entre 5 e 14 anos educada integramente baixo esa normativa, que converteu o galego en lingua de segunda no ensino, mesmo coa prohibición de usalo en materias como matemáticas, física, química e tecnoloxía. 

“Vemos como nesa nova xeración educada co decreto da vergoña prodúcese un proceso de substitución lingüística porque realmente o que pretende o Partido Popular é camiñar cara a un monolingüismo en e está pasando porque converteu a escola nun elemento de desgalegización, de tal xeito que hoxe moitos nenos e nenas entran pola porta da escola falando en galego e saen sen falalo”. 

O 54% dos nenos e nenas de entre 5 e 14 anos fala galego e só o 7% falan galego sempre, a metade que en 2018. Pontón pediu a Rueda que empece por recoñecer o problema en lugar de seguir “impasible” vendo como a lingua propia se desangra como consecuencia de unha política premeditada de acoso que empezou co agora presidente da Xunta detrás da pancarta dunha manifestación en contra do galego e seguiu coa súa votación no Parlamento de Galiza contra o seu uso no Congreso. 

Ante esta situación crítica Rueda “debería de estar anunciando que vai a suprimir o decreto da vergoña, debería solicitar a súa comparecencia no Parlamento e debería convocar as forzas políticas porque o que está en xogo é o futuro da nosa lingua”, alegou, deixando claro que o BNG non vai permitir “que lle rouben aos nenos e ás nenas de hoxe a liberdade de poder falar en galego”.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias