El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación regresa ao Salón de Turismo Gastronómico Xantar para promocionar internacionalmente "A provincia que sabe"

24-10-2024 10:29:03
Xosé Regueira.

REDACCIÓN | A Deputación da Coruña volverá a estar presente no Salón Internacional de Turismo Gastronómico Xantar Ourense. Entre hoxe e o domingo, a institución provincial participará no evento baixo a súa marca turística e gastronómica “A provincia que sabe”. 

Así, desde o seu propio stand, a Deputación da Coruña promocionará produtos e eventos gastronómicos senlleiros da provincia a través de iniciativas como degustacións, catas, showcookings e soportes audiovisuais. 

Na edición deste 2024, serán 13 os municipios de diferentes puntos da provincia que amosarán no espazo da Deputación de Coruña as súas singularidades e bondades gastronómicas. Así, de xeito concreto, o mel de Oleiros estará presente os catro días coa súa degustación permanente. Mentres, hoxe, o Concello de Ponteceso promocionará a súa Festa da Faba, o de Arzúa o seu queixo e mel e Muxía o congro. 

O venres, Vedra exporá a Viño da Ulla e a Festa da Orella de San Fins de Sales, Vimianzo regresará aos sabores do pasado vinculadas á Festa da Faguía e ao Asalto ao Castelo e Mazaricos ensinará o sabor do Bolo do Pote. 

Xa o sábado será a quenda para o percebe, o polbo e a navalla de Ribeira. Pola súa banda, o Concello de Carballo contará cunha degustación de pan, empanada e pan de ovo tradicionais do municipio e A Laracha exhibirá as súas Festa da Fabada e Festa da Horta. 

Por último, o champiñón e o lacón con grelos de Ordes serán protagonistas no derradeiro día, o domingo. Xunto a eles presentaranse o Concello de Moeche coa súa Feira do Queixo e o Concello de Melide e o seu tradicional melindre.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias